Roritzer

Roritzer

Familia de mestres de obras alemáns, creadores do estilo flamíxero en Baviera. Wenzel Roritzer (?-Ratisbona? 1419) comezou a catedral de Ratisbona, continuada polo seu fillo Konrad Roritzer (?-Ratisbona? 1475), que construíu tamén a Lorenzkirche de Nuremberg (1445-1472), exemplo clásico de hallenkirche. O seu fillo Matthäus Roritzer (?-Ratisbona? 1495) colaborou con el e foi mestre de obras da catedral de Ratisbona, co seu irmán Wolfgang Roritzer (?-Ratisbona? 1514).