"Trelle" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
GALICIA
Escritor. Máis coñecido na súa patria adoptiva, Uruguai, polo pseudónimo El Viejo Pancho. Aos catro anos trasladouse coa súa familia a Navia, Asturias, por mor da profesión de mestre do seu pai, e alí cursou os estudios primarios. Aos quince anos regresou a Ribadeo para facer estudios mercantís e aos dezaoito decidiu emigrar a América. Logo dunha breve estadía en Montevideo viaxou á Arxentina, onde permaneceu dous anos e comezou a escribir os seus primeiros versos. No 1877 trasladouse a Tala, en Uruguai, e continuou a súa tarefa creadora na prensa local e na elaboración de obras teatrais para o Grupo de Afeccionados de Tala. Xa casado, marchou ao Brasil onde permaneceu catro anos ata que en 1887 volveu a Tala, onde retomou os estudios para se facer procurador, profesión que exerceu o resto da súa vida. En 1902 asumiu a nacionalidade uruguaia e en 1908 ocupou un posto na Cámara de Representantes, polo Partido Nacional. Nos últimos anos viviu algún tempo en Montevideo. A súa obra...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Licenciado en Dereito polas universidades de Oviedo e Madrid, ampliou estudios económico-sociais en Berlín e Marburgo. En 1910 colaborou en Acción Gallega e ingresou na Liga Agrario Redencionista, que nese ano se constituíu en Madrid, onde tamén presidiu o Ateneo. En 1911 integrouse no Partido Republicano Reformista que encabezaba Melquíades Álvarez. Elixido deputado na Segunda República, foi xefe de Izquierda Republicana no Congreso. Nos gobernos de Azaña e de Casares Quiroga foi ministro de Estado e presidente do Consello de ministros. No 1936 foi ministro de Asuntos Exteriores e, rematada a Guerra Civil (1936-1939), refuxiouse en Francia e posteriormente en Arxentina, onde desempeñou o cargo de ministro de Facenda do Goberno da República no exilio. Escribiu, entre outras obras, El pangermanismo (1916), La codificación progresiva del Derecho Internacional (1921), El Tratado de Locarno (1925), San Martín en América e Francisco...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Toén baixo a advocación de Nosa Señora dos Anxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Graduado en Leis na Universidade de Santiago de Compostela (1838), exerceu como avogado. Foi deputado polos distritos de Viveiro (1853-1854) e Vilademuls (Girona, 1871). O goberno encargoulle un estudo sobre o foro galego que publicou en Faro Nacional (1859-1864). Fundou a Conferencia de San Vicente de Paúl en Viveiro (1858). Durante a Terceira Guerra Carlista creou unha comisión para o troco de prisioneiros que se puxo en práctica na Primeira Guerra Mundial, adiantándose así á Convención de Xenebra de 1929. Impulsou a Asociación del Culto Continuo e fundou El Centro Eucarístico de Madrid (1872), Adoración Nocturna en España (1877) e as Camareras de Jesús Sacramentado (1881). Recibiu o título de Comendador de la Real y Distinguida Orden de Carlos III. En 1993 creouse a Fundación Luis de Trelles.
VER O DETALLE DO TERMO