Trelles Noguerol, Luís de

Trelles Noguerol, Luís de

Xurista. Graduado en Leis na Universidade de Santiago de Compostela (1838), exerceu como avogado. Foi deputado polos distritos de Viveiro (1853-1854) e Vilademuls (Girona, 1871). O goberno encargoulle un estudo sobre o foro galego que publicou en Faro Nacional (1859-1864). Fundou a Conferencia de San Vicente de Paúl en Viveiro (1858). Durante a Terceira Guerra Carlista creou unha comisión para o troco de prisioneiros que se puxo en práctica na Primeira Guerra Mundial, adiantándose así á Convención de Xenebra de 1929. Impulsou a Asociación del Culto Continuo e fundou El Centro Eucarístico de Madrid (1872), Adoración Nocturna en España (1877) e as Camareras de Jesús Sacramentado (1881). Recibiu o título de Comendador de la Real y Distinguida Orden de Carlos III. En 1993 creouse a Fundación Luis de Trelles.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viveiro

  • Deceso

    Lugar : Zamora