"Tristan" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a lenda, foi o namorado de Aldina, filla de Álvaro de Sarmiento, señor do castelo de Vilasobroso, quen non gustaba del como pretendente para a súa filla. Asasinado polo señor de Sarmiento ao pé da Pena dos Namorados de Ponteareas, a pantasma de Tristán referiu a Aldina o acontecido e o lugar onde ficara o seu cadáver, o que provocou que a moza se pechase no castelo, onde faleceu ao pouco tempo; outros aseguran que ingresou nun convento de Baiona, mentres que Álvaro de Sarmiento, acaso arrepentido, rematou os seus días como freire no mosteiro de Santa María de Oia.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras que traballou a partir do 1564 no Mosteiro de Caión (Laracha).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e director de fotografía arxentino. Comezou na dirección de curtametraxes, converténdose nun dos realizadores do novo cine arxentino. Con Después de la tormenta (1990) gañou diversos premios en Donostia, Huelva, Chicago e La Habana. Dirixiu tamén Cortázar (1994), filme onde se mestura poesía, emoción e creación cinematográfica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto fragmentario que é unha tradución do Tristan en prose (1225-1235?) realizada en Galicia na segunda metade do XIV. Consérvase un fragmento formado por dúas follas de pergameo atadas como encadernación dunha copia notarial do testamento do Marqués de Santillana. Foi descuberto nos fondos do arquivo da Casa ducal de Osuna e publicado por Manuel Serrano Sanz en 1928 e por Jose Luis Pensado Tomé en 1962, e constitúe a versión máis antiga entre as ibéricas. Descoñécese a fonte directa deste fragmento, talvez o manuscrito 2542 da Biblioteca Nacional de Viena (A) editado por Ph. Ménard, ou outro testemuño intermedio (francés ou galego) non conservado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillermo Sánchez Borbón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do céltico Drystan, de drest ou drust ‘ruído, barullo’ ou ben do nome céltico Trwst ‘mensaxeiro’. Tamén puido ter orixe xermánica e derivar do antigo inglés Thurstan, Thorstein, composto de Thor ‘deus do trono’, e stein ‘pedra (preciosa)’, ‘a xema de Thor’. Tamén recibe influencia do adxectivo triste, polas tristes vicisitudes do heroe da famosa lenda medieval céltica de Tristán e Isolda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protagonista da lenda medieval, de posible orixe céltica, que narra os tráxicos amores deste personaxe e de Isolda, esposa do seu tío, o Rei Marc de Cornualla. A lenda estendeuse por toda Europa e o tema foi tratado por Chrétien de Troyes e por dous poetas do s XII, Béroul e Thomas.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago situado no Atlántico Sur, que desde 1938 é dependencia de Saint Helena, colonia de Reino Unido (104 km2; 315 h [1984]). Está formado por catro illas volcánicas (Tristan da Cunha, Gough, Inaccessible e Nightingale) e diversos illotes, e situado no Océano Atlántico, entre América do Sur e África. Foi descuberto por Tristão da Cunha.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ópera de R. Wagner, con texto propio, baseado na lenda de Tristán. Estreada en Múnic en 1865, constitúe unha das súas obras máis destacadas.
-
PERSOEIRO
Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Flore-Celestine-Thérèse-Henriette Tristan Moscoso.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo do Greco (1603-1606), formouse en Italia (1606-1613), antes de instalarse en Toledo. A súa arte atópase entre o manierismo e o naturalismo, próxima a Caravaggio e a Borgianni. Destacan especialmente os retablos de Yepes (1616) e de Santa Clara de Toledo (1623) ou as pinturas Retrato de caballero ou Retrato del cardenal Sandoval y Rojas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e guerrilleiro carlista. Coñecido como monxe Tristany, en 1833 declarouse partidario de Carlos María Isidro de Borbón e levantou unha das partidas máis activas de Catalunya. En 1837 apoderouse de Solsona e fixo unha incursión polo Baixo Llobregat. Pouco despois foi ascendido ao grao de mariscal de campo e nomeado segundo xefe carlista de Catalunya. Ao rematar a Primeira Guerra Carlista, pasou a Francia. En 1846 volveu do exilio e retomou a loita (Segunda Guerra Carlista), pero foi prendido e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Samy Rosenstein.