"Troncoso" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
PERSOEIRO
Pintor e retratista real. A consecución do primeiro premio da Real Academia de San Fernando, co lenzo O sacrificio de Abrahán (1781), provocou o seu traslado ata Madrid. No ano 1786 viaxou a México, onde exerceu de director da Academia de Belas Artes de San Carlos ata 1795, ano do seu regreso a España. Dous anos máis tarde converteuse no director da Real Academia de San Fernando, aínda que a súa carreira diplomática se truncou en 1807, cando o substituíu o galego Gregorio Ferro. Dentro da súa obra, marcada por un estilo academicista, cómpre salientar a súa obra retratística e relixiosa sobre parede (frescos do Real Sitio de San Lourenzo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e dourador de retablos. Creou e doou o altar maior de estilo churrigueresco da capela dos Remedios de Mondoñedo, na que traballou xunto a Francisco de Andrade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dominicano. Foi lector de Teoloxía e mestre de novicios. Publicou Meditaciones Breves, Vida de San Vicente Ferrer (1714) e Manual práctico del misionero y modo de administrar los Santos Sacramentos cuando son muchos los que han de recibirlos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso dominicano. Foi o autor da crónica das festas que se celebraron en Santiago de Compostela con motivo da canonización de Pío V, Fiestas compostelanas con las que siempre [...] (1715), e en 1718 nomeárono cronista xeral do Reino de Galicia. Escribiu un primeiro tomo dunha Historia de Galicia e o sermón Declamación sacra, historial, gratulatoria a la Virgen Santísima del Rosario [...] (1721?).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor, fillo de Roxelio Rivero. En 1947 ingresou en Radio Nacional de España e foi director do semanario El Español. Publicou Ancla (1944), Catavento ao norde (1956), Los dientes de la sombra (1964) e Viaje por la letra y el espíritu de Puenteareas (1984). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Francisco Franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e escritor. Relacionado desde a súa infancia co mundo rural, plasmou parte das súas vivencias nos seus traballos poéticos. Colaborador do Museo de Pontevedra, licenciouse en Medicina na Universidad de Madrid (1948-1954). Colaborou nas revistas Alborada, Vento do Leste e Galicia en Madrid. Da súa obra destacan os libros de poemas Relembranzas (1987) e Lonxe (1992), que se vertebran arredor dos temas do ruralismo e a emigración; as obras Raíces rurais (1996) e Chama acesa-noeliña (2000), novelas costumistas do medio rural galego; a novela de ciencia ficción La vida flor de las galaxias (1999), o libro de aforismos Celme e vida (2002) e o libro etnográfico Historia dunha aldea galega (2004). É membro do Real Círculo Artístico de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación da parroquia Mondariz-Balneario, que formaba parte do concello de Mondariz, e que se constituíu en concello en 1924 co nome de Mondariz-Balneario.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, un anaco de tronco de árbore da súa cor, arrincado. Outro trae, en campo de azul, un anaco de tronco de árbore, da súa cor, arrincado e nacente da destra do tronco un brazo armado que empuña unha espada alta de prata, gornecida de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial e escritor. Colaborou nas publicacións La Meta, El Pueblo Gallego, Hoja del Lunes, Ideal Gallego, Triunfo e Semana, e foi correspondente de Radio Popular de Vigo e de La Voz de Galicia, e das axencias EFE e CIFRA. Publicou La Guardia, El Rosal y Oya (1979) e Santa María de Oia. Real e Imperial (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Coñecido como o abade de Vilar e Couto, actuou como guerrilleiro durante a Guerra da Independencia na provincia de Tui. Atacou a cabalaría francesa na ponte de Mourentán (Arbo), participou no sitio de Tui e na reconquista de Vigo e Santiago de Compostela. Foi nomeado xeneral dos patriotas de Miño, cóengo da catedral de Santiago de Compostela e recibiu a Cruz de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito (1872), foi catedrático, secretario e reitor (1906-1919) da Universidade de Santiago de Compostela. Presidiu a Asociación de Amigos del País de Santiago, foi alcalde da cidade e senador pola provincia de Pontevedra (1910-1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Astariz (Castrelo de Miño). Ten planta irregular con dúas alturas, unha no lado sur a causa da irregularidade do terreo, e cun patio dianteiro delimitado nun lateral por unha terraza cuberta á que se accede desde unha escaleira exterior. No portal consérvase un escudo do s XVIII que alude aos Martínez Feijoo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Carlos III en 1762, co vizcondado previo de Ramirás, a Pedro Martínez Feijoo (1694-1768), oidor da Real Chancillería de Valladolid, membro do Real Consello de Facenda, cabaleiro de Santiago e fundador da capelanía do Carme en Astariz (Castrelo de Miño). Sucedérono o seu fillo Pedro Manuel Martínez-Feijoo López , II conde de Troncoso, e o fillo deste Lorenzo Martínez-Feijoo Zúñiga (?-1829), III conde de Troncoso. A IV condesa de Troncoso foi a súa filla María de los Dolores Martínez-Feijoo Lemos , sucedida pola súa filla María Rosa Bayón Martínez-Feijoo , V condesa de Troncoso, e esta polo seu fillo Quintín Arévalo Bayón , VI conde de Troncoso. A VII condesa de Troncoso foi a súa filla María del Carmen Arévalo Aristizábal (?-1972), a quen sucedeu o seu fillo Quintín María Pimentel e Arévalo , VII...