"Tuthmosis II" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Faraón da dinastía XVIII (1512-1504 a C), fillo e sucesor de Tuthmosis I. Obtivo a coroa grazas ao dote da súa media irmá Hatšepsut, coa que casou. Ampliou as conquistas en Nubia que iniciara o seu pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón da dinastía XVIII (1504-1450 a C), fillo de Tuthmosis II. Baixo o dominio da súa tía e madrasta Hatšepsut (1504 e 1482), á morte desta continuou coa política expansionista de Tuthmosis I e reafirmou o control sobre as posesións que Exipto xa tiña. Avanzou cara a Palestina (1483 a C) e ocupou a chaira costeira de Fenicia (1476 a C). En 1475 a C venceu ao príncipe de Kadeš e en 1472 chegou ao Éufrates, á altura de Karkamiş, e entrou en Mitanni. En Nubia avanzou ata o distrito de Karoy e fundou Napata (1458).

    VER O DETALLE DO TERMO