"Udine" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Foi un dos pioneiros de Hollywood e, entre 1915 e 1922, dirixiu numerosas curtametraxes. Amais dalgunhas comedias, realizou thrillers e historias de terror que non lle depararon unha boa crítica. Para televisión dirixiu a popular serie Lassie. Levou a cabo, entre outras moitas películas, The narrow street (A rúa estreita, 1924), Little Annie Rooney (A pequena Annie Rooney, 1925), The irresistible lover (O irresistible amante, 1927), The men in her life (Os homes na súa vida, 1931), The old fashioned way (O antigo camiño 1934), Boys will be boys (Rapaces que serán rapaces, 1935), The golden eye (O ollo de ouro, 1948), Westward go the wagons (Os carros van cara ao oeste, 1956) e Frankenstein’s daughter (A filla de Frankenstein, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente os hirudíneos.

    2. Anélido da clase dos hirudíneos.

    3. Clase do filo dos anélidos, integrada por individuos de corpo cilíndrico e brando, desprovistos de quetas, con clitelo nas femias, e provistos de dúas ventosas terminais, unha anterior arredor da boca utilizada para a alimentación, e unha posterior ou caudal que usan para a fixación e locomoción. Son animais parasitos ou depredadores e están adaptados a un réxime hematófago. Despois de fixarse coa ventosa caudal aplican a ventosa bucal á pel das súas víctimas e zúganlle o sangue coa farinxe. A maioría son de auga doce, pero tamén as hai mariñas e terrestres que viven en solos húmidos. O máis coñecido de todos é a especie Hirudo medicinalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos testudíneos.

    2. Quelonio da familia dos testudíneos.

    3. Familia de quelonios que se caracteriza por ter unha crista na caluga, a parte dorsal da cuncha formada por nove ósos, as vértebras anteriores baleiras e o pescozo completamente retráctil. Inclúe especies repartidas por todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Udine, Friuli-Venecia-Xulia, Italia (94.759 h [2001]). Está situada á esquerda do río Tagliamento. Fundada no s XIII, desde mediados do s XVI quedou baixo o dominio de Venecia. Polo Tratado de Viena de 1848 pasou a Austria, ata a entrada das tropas italianas, en 1848. Destacan a igrexa de Santa Maria di Castello (s XII) e a Loggia di San Giovanni (1533).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Friuli-Venecia-Xulia, Italia (4.904 km2; 518.234 h [2001]). A súa capital é Udine.

    VER O DETALLE DO TERMO