"Ultreya" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral creado no ano 1932 en Bos Aires. A finais de 1936 pasou por unha etapa crítica que implicou cambios na directiva; foi nomeado presidente Victoriano Martínez e director da agrupación Isidro Maiztegui, e pasou a denominarse Agrupación Artística e Cultural Ultreya. Paralelamente, realizáronse actos culturais nos que se compaxinaban conferencias sobre a cultura galega e actuacións musicais que contaron coa activa participación de Emilio Pita. En 1939 tentouse sen éxito a fusión nunha soa sociedade do coro, baixo a presidencia de Ramón Rey Baltar, coa Casa de Galicia e co Grupo Galeguista. O resultado foi a retirada de diversos membros de Ultreya e do Grupo Galeguista, que constituíron a Irmandade Galega. Das súas actuacións destaca a realizada no Teatro Solís de Montevideo en 1934.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela en 1945. Foi o voceiro diocesano de Acción Católica e tiña unha periodicidade quincenal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de maio de 1919. Cesou en xullo de 1920 (nº24). Subtitulada “Revista quincenal de cultura galaica. Arte-Literatura-Historia-Sociología”, e dirixida por Armando Cotarelo Valledor, contou con destacadas colaboracións literarias. Promoveu distintos aspectos da cultura galega, fuxindo de cuestións políticas, e manifestou proximidade coas ideas rexionalistas, partidarias dun uso folclórico do galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural e galeguista fundada por Álvaro de Las Casas Blanco en febreiro de 1932 xunto con outros galeguistas, como Fermín Bouza-Brey. A través de viaxes culturais, promovía o estudo e coñecemento dos costumes e do folclore galego.