"Unna" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica e na Academia de Artes de Estocolmo. Indiferente ao Funcionalismo europeo, realizou unha arquitectura romántica, de raíces clásicas. Non obstante, na exposición de Estocolmo de 1930 esmiuzou, no seu pavillón, a linguaxe figurativa estendida por Europa polo Racionalismo, independizándoa da súa volumetría, da súa estereotomía cubista e da ideoloxía mecánica e mecanicista. A súa influencia en Europa foi inmensa, sobre todo en Inglaterra. A súa arquitectura é unha invitación á modestia e á antirretórica. As obras máis importantes do seu período romántico son a escola de Karishamn (1912), a capela do Bosque e o cine de Skandia, en Estocolmo (1922-1923), cunha clara decoración neoclásica, a tumba do príncipe Bernadotte e o proxecto primitivo (1921) para a biblioteca municipal de Estocolmo. A partir de 1930, entrou nunha etapa renovadora, que seguiu co almacén Bredberg (1933-1935), co laboratorio bacteriolóxico estatal de Estocolmo (1933-1937) e que culminou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sueco. Destacou polos seus ensaios sobre figuras históricas como Karl XII: s levnad (A vida de Carlos XII, 1935-1936). É tamén autor de poesía, como a obra Legenden om Babel (Lendas de Babel, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta finlandés en lingua sueca. Entre as súas obras destaca a escolma poética Och leker med skuggorna i sanden (As sombras xogan na area, 1937-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral. Foi coñecido internacionalmente grazas a numerosas interpretacións en películas de Ingmar Bergman.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de circunnavegar.
-
-
Navegar arredor dun lugar. Ex: O peche do canal de Suez obrigou os petroleiros a circunnavegar África.
-
Dar un barco a volta ao mundo.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. En 1932 colaborou na revista Spektrum cunhas traducións de Rimbaud. A súa poesía sintetiza o simbolismo e o surrealismo. Da súa produción destaca Dedikation (Dedicatoria, 1934) e Färjesang (Canto do barqueiro, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foneticista sueco. Entre 1945 e 1948 traballou na análise acústica dos sons do sueco e, entre 1949 e 1951, comezou a desenvolver a súa teoría acústica da produción da fala. Cómpre destacar as súas obras The Acoustic Theory of Speech Prodution (1960), Speech Sounds and Features (1973) e, en colaboración con R. Jakobson e G. Halle, Preliminaries to Speech Analysis. The Distinctive Features and their Correlates (1952), na que, por primeira vez, se expoñen os principios acústicos en relación cos feitos articulatorios. Membro da Real Academia Sueca de Ciencias e da Real Academia Sueca de Enxeñería.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista, sociólogo e político sueco. Integrado na corrente socialdemócrata, tivo unha importancia considerable na implantación do denominado modelo sueco. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os problemas do desenvolvemento. Escribiu Monetary Equilibrium (1939), An American Dilemma (1944), An American Dilemma Revisited (1970), Economic Theory and Underdeveloped Regions (1957) e Critical Essays on Economics (1974). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1974), compartido con Friedrich August von Hayek.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta noruegués. A súa poesía caracterízase polo sentimento de liberdade, que plasmou en Indvielsens aar (Os anos de iniciación, 1921), Horisont (1934) e Dikt fra krigstiden (Poesías de tempo de guerra, 1946), ademais dunha recompilación de poemas (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Costume ou comportamento habitual de Mahoma nas diversas circunstancias da vida que, agás casos excepcionais, ten valor de dogma para os crentes. Existen diversas compilacións e comentarios, e, como o ḥadīt, é fonte de dereito musulmán (šarī’a).
-
Costume observado na aplicación do dereito musulmán.
-
Colección de sentenzas ordenadas que posteriormente pasaron a ser un tratado de filosofía ou teoloxía.
-
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (61.900 h [1990]). É un centro mineiro e industrial no sector oriental do Ruhr, no L de Dortmund.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sheng de China, na rexión Suroeste (394.000 km2; 42.880.000 h [2000]). A capital é Kunming. É unha rexión moi montañosa, sobre todo no O. Os altos altiplanos calcarios estiveron profundamente escavados polos vales do Iang-Tsé, o Mekong e o Salwen. O clima é temperado, con forte influencia monzónica. Cultívase té, arroz (dobre colleita anual) e cana de azucre. Ten os depósitos de estaño máis grandes do país, ademais de ferro, cobre, chumbo e cinc e reservas de carbón e sal.