"Uriz" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 41.

  • RIOS

    Río afluente do Landro pola dereita. Nace a 780 m de altitude, na aba setentrional da serra do Xistral, no lugar da Pasada de Lamoso, na parroquia de Miñotos (concello de Ourol). Atravesa esta parroquia seguindo o seu curso unha dirección SL-NO, ata a súa desembocadura preto do lugar da Caseira, logo dun percorrido duns 8 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representar algo ou a alguén por medio dunha caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista italiano. Foi mestre de capela da Accademia della Morte de Ferrara, de Santa Maria Maggiore de Bergamo e de San Petronio de Boloña. Foi un dos creadores da escola instrumental de Boloña e mestre de Vitali. Entre as súas obras relixiosas destacan numerosos oratorios e, no campo instrumental, a colección de sonatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embutido feito coa tripa do intestino groso do porco.

    2. Clase de chourizo, máis longo e delgado ca este, que se elabora co intestino delgado do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gran cantidade de chourizos. Ex: Do fumeiro da cambota colga toda a chourizada.

    2. Comida na que o produto fundamental é o chourizo. Ex: Na festividade do patrón facemos unha gran chourizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embutido feito, xeralmente, con carne e touciño de porco picados e adubados con pemento e outras especias cun calibre de máis de 22 mm, xa que se o calibre é inferior se denomina longaínza. Existe unha gran variedade de tipos que se elaboran practicamente en toda España e tamén en Latinoamérica, de onde é ben coñecido o crioulo, tanto para o seu consumo en cru como para cociñalos.

    2. chourizo asturiano/de Asturias

      Chourizo afumado con leña de carballo, de magro de porco, touciño e lardo. Preséntase en restras (o de tripa fina) ou candeas (o de tripa grosa), para consumo cocido ou cru. Unha variedade, utilizada sobre todo no cocido, é o sabadiego, no que se incorpora algo de sangue.

    3. chourizo branco

      Chourizo, semellante ao fuet, elaborado sen especia pemento e presentado en candeas para consumo en cru. É típico de Extremadura.

    4. chourizo cagueiro de Salamanca

      Chourizo elaborado a base de magro de porco ibérico embutido en tripa cagueira. Consómese cru.

    5. chourizo cántabro/de Cantabria

      Chourizo propio do lugar de Guriezo que se consome cocido con viño branco e sidra.

    6. chourizo de Benaoján

      Chourizo picante, de porco ibérico, propio da Serranía de Ronda. Tradicionalmente, consérvase en latas con manteiga, en restras de pequenas pezas. Consómese cru.

    7. chourizo de Candelario

      Chourizo de porco ibérico, afumado e curado, consumido cru ou cociñado. É propio de Salamanca.

    8. chourizo de Cantimpalos

      Chourizo propio desta localidade segoviana, de gran calidade, semicurado, ideal para consumilo en cru.

    9. chourizo de Potes

      Chourizo cántabro presentado en restras, afumado con madeira de aciñeira.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de culturizar ou culturizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estender unha determinada cultura.

    2. Adquirir cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de despresurizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular ou reducir os efectos da presurización nun recipiente ou espazo pechado, especialmente nunha aeronave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer chourizos enchendo as tripas coa zorza.

    2. Dar forma de chourizo a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Partido Conservador, loitou pola independencia de Chile. Ao constituírse a nova república, elixírono presidente do Congreso (12.12.1823). Foi vicepresidente interino da República (1831), senador (1831-1834) e presidente do Congreso (1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado, fillo de Federico Errázuriz Zañartu. Ministro de Guerra e Mariña con José Balmaceda, asinou a acta de deposición do presidente (1891). Ocupou a presidencia da República entre 1896 e 1901. O seu goberno destacou polas melloras na educación, na saúde e nas infraestruturas. Resolveu o problema fronteirizo xurdido con Arxentina na entrevista coñecida como El abrazo del Estrecho (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Acusárono de participar no motín de San Felipe (1850) e no encabezado polo coronel Pedro Urquiola (1851), polo que foi condenado a morte, pena da que resultou absolto. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Xustiza, Culto e Instrución Pública (1864), ministro de Guerra e Mariña (1866) e presidente da República (1871-1876). No seu mandato tivo lugar a creación do ministerio de Relacións Exteriores e a reforma constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Areal da ribeira dereita da ría de Pontevedra, situado entre as puntas de Laxe de Rache e Praceres, na parroquia de Lourizán (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lourizán (Pontevedra). Ergueuse a comenzos do s XIX, en estilo modernista. Ten cuberta de lousa, cunha combinación de pequenas cúpulas e mansardas de estilo francés, e destacan os enormes ventanais e a ornamentación. Foi propiedade de Uxío Montero Ríos e da súa familia, e converteuse posteriormente en sede do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Os seus terreos dedicaronse á plantación e mostraxe de especies forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega orixinaria de Lugo que pasou a Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO