Lourizán, pazo de ou de Montero Ríos

Lourizán, pazo de ou de Montero Ríos

Construción situada en Lourizán (Pontevedra). Ergueuse a comenzos do s XIX, en estilo modernista. Ten cuberta de lousa, cunha combinación de pequenas cúpulas e mansardas de estilo francés, e destacan os enormes ventanais e a ornamentación. Foi propiedade de Uxío Montero Ríos e da súa familia, e converteuse posteriormente en sede do Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán, dependente da Consellería de Medio Ambiente. Os seus terreos dedicaronse á plantación e mostraxe de especies forestais.

Palabras veciñas

Louriña, A | Lourizán | Lourizán | Lourizán, pazo de ou de Montero Ríos | Louro | Louro | Louro