Louro
Louro
Afluente pola dereita do río Miño. Nace no monte da Serra, na parroquia de Cepeda (Pazos de Borbén), e baña os concellos de Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño e Tui, onde desemboca, na parroquia de Pazos de Reis, logo dun percorrido de 30 km. O seu caudal é pouco importante e os seus afluentes máis destacados son o Rebordáns, o Deixas, o Laxas, o Peral, o Castelo, A Fraga e o Porto.