"Urundi" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África centroriental, limitado ao N por Rwanda, ao O por República Democrática do Congo, e ao L e ao S por Tanzania (27.834 km2; 5.943.000 h [1996]). Esténdese entre os 2° e 4° de latitude S e os 29° e 31° de lonxitude L. A capital é Bujumbura.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Distínguense catro rexións xeomorfolóxicas: os altiplanos centrais, de 1.500 a 2.000 m de altitude; a rexión montañosa setentrional, por riba dos 2.600 m; a rexión Imbo, entre 800 e 1.000 m de altitude, que arrodea o lago Tangañika; e as rexións deprimidas do L.
Clima, vexetación e hidrografía
O clima é ecuatorial, aínda que modificado nos lugares de máis altitude, cunha temperatura media anual de 20°C e unha pluviosidade duns 1.400 mm ao ano, agás na rexión do lago Tangañika, onde chega soamente a 800 mm. A vexetación é de sabana nas áreas de baixa altitude, e de bosque na rexión montañosa setentrional. Hidrograficamente,... -
-
Relativo e pertencente a Burundi ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Burundi.
-
-
TERRITORIOS
Territorio de África Oriental baixo o mandato (1916-1946) e o fideicomiso belga (1946-1962), que se converteu, en 1962, nos estados de Rwanda e Burundi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibía o sector meridional do territorio de Rwanda-Urundi, baixo a administración fiduciaria de Bélxica, antes de obter a independencia en 1962, co nome de Burundi.