"Utrecht" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Bispo de Utrech (825-838). Confioulle a san Odulfo a misión de evanxelizar Frisia. A súa festividade celébrase o 18 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Utrecht, Países Baixos (233.667 h [2000]). Situada ás beiras do Kromme Rijn, que dentro da cidade se divide en Oude Rijn e Vecht, atravésana dous canais, o Oude Gracht e o Nieuwe Gracht. Ten industria siderúrxica, de material ferroviario, maquinaria, mecánica de precisión, téxtil, cerámica, do cristal e do tabaco. Formada arredor da antiga Traiectum romana, foi dominio merovinxio e frisón (s VII). Reconquistada por Pipino de Heristal, incorporouse aos estados borgoñóns (s XV) e aos Países Baixos (1528). Ocupada polos calvinistas, revolveuse contra os españois (1577) e aliouse coa casa de Orange. Nela asináronse a Unión de Utrecht (1579) e o Tratado de Utrecht (1713). O núcleo católico que subsistiu formou, con motivo das cuestións xansenistas, unha comunidade (1723). Destaca a catedral de San Martiño (s XIII) e a igrexa de San Pedro (1045), con fachada barroca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Países Baixos (1.434 km2; 1.107.849 h [2000]). A súa capital é Utrecht.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Utrech, o 11 de abril de 1713, que puxo fin á Guerra de Sucesión Española. Foi complementado polo Tratado de Rastatt (1714) e outros tratados menores que afectaron, por unha banda a Francia e España, e pola outra, aos aliados antiborbónicos: Reino Unido, Austria, Holanda, Prusia, Savoia e Portugal. Filipe V foi recoñecido como rei de España e das Indias pero perdeu as posesións europeas, que pasaron sobre todo a poder de Austria. Federico Guillerme I obtivo o recoñecemento do seu título de rei de Prusia e recibiu o Alto Gelderland. Savoia recibiu unha parte do Milanesado e a illa de Sicilia, que posteriormente cambiou con Austria por Sardeña (Tratado de Londres, 1718). Holanda recibiu oito prazas fortes en Bélxica, no camiño seguido polas invasións francesas, mentres que para Francia os tratados representaron o fracaso da política de hexemonía borbónica. Reino Unido saíu beneficiado, pois impuxo a súa política de equilibrio europeo, reafirmou a súa hexemonía marítima...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza militar establecida en 1579 polas sete provincias protestantes do norte dos Países Baixos (Holanda, Zelanda, Utrecht, Groningen, Gelderland, Overijssel e Frisia), como réplica á Unión de Arrás. Creouse pola iniciativa de Xoán, irmán de Guillerme I de Orange-Nassau, coa intención de rexeitar a autoridade de calquera príncipe estranxeiro. Foi o núcleo da república das Provincias Unidas do Norte.