"Uxío II" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Papa (824-827), sucesor de Pascual I. Ante as desordes internas en Roma, demandou a protección de Ludovico Pío, que lla outorgou a través da constitutio romana (824), que establecía o protectorado franco en Roma, concedía unha grande autoridade ao emperador e dispoñía que o papa e os seus súbditos lle xurarían fidelidade. Reorganizou os Estados Pontificios e iniciou o Concilio de Roma (826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1145-1143). De nome Bernardo Paganelli, foi discípulo de san Bernaldo de Claraval. Elixido papa durante as loitas entre o Senado romano e o papado, foi desterrado (1145; 1147-1149 e 1150-1153). Excomungou a Arnaldo da Brescia e promoveu a segunda cruzada. O seu culto como beato foi aprobado en 1872. A súa festividade celébrase o 8 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO