Uxío II

Uxío II

Papa (824-827), sucesor de Pascual I. Ante as desordes internas en Roma, demandou a protección de Ludovico Pío, que lla outorgou a través da constitutio romana (824), que establecía o protectorado franco en Roma, concedía unha grande autoridade ao emperador e dispoñía que o papa e os seus súbditos lle xurarían fidelidade. Reorganizou os Estados Pontificios e iniciou o Concilio de Roma (826).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma