"VOLGa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • RIOS

    Río da parte europea de Rusia, o meirande de Europa con 3.520 km de lonxitude. Nace na chaira de Valdaj, a unha altitude de 228 m e desemboca no Mar Caspio en forma dun amplo delta, a 28 m baixo o nivel do mar. Ten preto de 200 afluentes, entre eles o Kama e o Oka. A súa conca ocupa 1/3 do territorio europeo de Rusia e esténdese desde as elevacións de Valdaj e de Rusia Central, ao O, ata o Ural, ao L. Adoita dividirse en tres partes: o Volga superior, desde o nacemento ata a confluencia co Oka; o Volga medio, ata a confluencia co Kama; e o Volga inferior, ata o Mar Caspio. Na conca superior hai sobre todo bosques e na media grandes campos de cereais e cultivos industriais. Na zona dos Urais hai xacementos de petróleo e gas, e preto de Solimansk grandes xacementos de sales potásicos. Ten unhas 70 especies diferentes de peixes. O transporte fluvial de mercadorías representa a maior parte de todo o transporte fluvial de Rusia. A súa situación xeográfica determinou, xa no s VIII, a súa importancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vocabulario ortográfico da lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Antiga república autónoma da URRS, dentro da República Socialista Federal Soviética de Rusia, que se correspondía co territorio creado en tempos de Catarina II de Rusia a ambas as dúas ribeiras do Volga inferior para acoller as colonias de alemáns inmigrados, procedentes maioritariamente de Suabia. En 1924 creouse a República Socialista Autónoma, que foi suprimida en 1941 e os seus habitantes deportados. Os alemáns quedaron espallados no territorio soviético, situación que non variou coa disolución da URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de canais que une o Volga co Mar Báltico e, a través do canal Mar Branco-Mar Báltico, co Mar Branco. Denomináronse tamén sistema de navegación de Marij. A navegación inaugurouse en 1810, pero tras a Segunda Guerra Mundial comezou a construción dun novo canal entre o lago Onega e o río Volga, que se inaugurou en 1964. Ten unha extensión total de 368 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal que enlaza os ríos Volga e Don. Ten unha lonxitude de 101 km, dos que 45 constitúen ríos e pantanos. Construíuse entre 1948 e 1952. A carga principal do Don no Volga é o carbón, os materiais para a construción e os cereais, e do Volga ao Don, madeira, pirita e petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO