"Vaal" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antiga provincia de República Surafricana, situada na banda nororiental do estado, que existiu ata a fin do apartheid. A partir desa data dividiuse en catro provincias; Gauteng (17.010 km2; 7.780.631 h [estim 2000]), Noroeste (116.320 km2; 3.532.824 h [estim 2000]), Mpumalanga (79.490 km2; 3.004.916 h [estim 2000]) e Limpopo (123.910 km2; 5.495.679 h [estim 2000]). Limitaba coas provincias de Natal e Orange ao S, Swazilandia ao SL, Moçambique ao L, Zimba-bwe ao N, Botswana ao O e a provincia do Cabo ao SO. A súa capital era Pretoria. Situado sobre un altiplano lixeiramente inclinado e atravesado por sistemas montañosos de SO a NL, con altitudes de 1.200 a 1.800 m, o territorio está drenado por numerosos ríos, afluentes do Limpopo, o que marcaba a fronteira setentrional, e polo Vaal, afluente do Orange, que sinalaba a fronteira meridional. A economía rural baseábase na gandaría (gando bovino e ovino) e no cultivo de millo miúdo, sorgo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da África meridional, afluente do Orange pola dereita (1.200 km). Nace en Drakensberg e desemboca no Orange, preto de Douglas.

    VER O DETALLE DO TERMO