"Valenzuela" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Balacan, na illa de Luzón, Filipinas, situada a 5 km de Manila Bay (340.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Favorito da Raíña Mariana de Austria, foi secretario de Carlos II. Enfrontado con Xosé Xoán de Austria, cando este entrou en Madrid coas súas tropas (1677), foi detido e desterrado a Filipinas. En 1689 trasladouse a Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Militante do Partido Galeguista e colaborador de Alexandre Bóveda e Castelao, participou nas actividades do Seminario de Estudos Galegos. Co inicio da Guerra Civil Española, en 1936, foi detido e encarcerado en Silleda. Liberado, fuxiu a Francia, onde foi detido (1939) e condenado tras a ocupación nazi. En 1949 conseguiu o indulto e marchou a Bos Aires, onde publicou as novelas autobiográficas Non agardei por ninguén (1957), estruturada como un diario sen datas e na que introduce o tema da Guerra Civil; e Era tempo de apandar (1980), máis complexa estruturalmente e onde analiza o mundo do cárcere e a posguerra. Ademais escribiu a peza teatral As bágoas do demo (1964), unha traxicomedia estreada baixo a dirección de E. Blanco Amor; O Naranxo (1966), en que recompila diversos relatos publicados anteriormente en prensa; e o ensaio Historia do galeguismo político (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista. Acadou prestixio polo estilo ameno e satírico das súas crónicas da vida cidadá. Publicou a novela Hay que sonreír (1966), Realidad Nacional desde la cama (1990) e os relatos Simetrías (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO