Burbida
Burbida
Mansión da vía XIX de Braga a Astorga citada no Itinerario de Antonino. Aínda que ofrece problemas de localización, a opinión máis verosímil é a de que estaría situada a dezaseis millas romanas de Tui, tendo cada milla romana un valor aproximado de 1.480 m. Podería identificarse coa localidade pontevedresa de Borbén, como parecen confirmar definitivamente os restos arqueolóxicos atopados neste lugar.