burbulla

burbulla

(< lat v *bulbullia)

  1. s f

    Globo de aire ou doutro gas que se forma no interior dun líquido e sobe á superficie deste cando ferve, fermenta ou cando se move moito.

    Ex: A auga cando empeza a ferver fai burbullas.

    Sinónimos: gurgulla.
  2. s f

    Porción de aire ou dun gas calquera envolto nunha película de auga ou doutro líquido.

    Ex: A nai faille burbullas de auga xabonosa ó neno.

    Sinónimos: gurgulla.
  3. s f [IND]

    Parte levantada da superficie sólida dunha peza metálica de fundición, producida pola presenza dun gas no seu interior mentres se atopaba en estado pastoso.

  4. s f [IND]

    Mancha nas copias ou nos negativos que aparece por mor dun procesado incorrecto. Cáusano as burbullas de gas ou de líquido baixo a superficie da emulsión, debido a reaccións químicas que se dan en moitas ocasións entre as diferentes solucións, sobre todo cando o aclarado é inadecuado.

  5. s f [INFORM]

    Dominio magnético local estable (non volátil), de dimensión submicroscópica, inducido no seo de certos materiais que se empregan como substrato para memorias de gran capacidade.