Burbage

Burbage

Familia de empresarios e actores ingleses. James Burbage (1530? - 1597) construíu un edificio teatral chamado The Theatre, nas aforas de Londres. O seu fillo Cuthbert Burbage (1566? - 1636) fundou o teatro The Globe (1599), do que Shakespeare foi un dos accionistas. Richard Burbage (1573? - 1619), fillo segundo de James, foi o membro máis destacado da familia, o mellor actor da célebre compañía Chamberlains Men, inspirador de Shakespeare e intérprete máximo dos seus protagonistas e dos de Ben Jonson, amais doutros autores isabelinos.