"Valverde" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • PERSOEIRO

    Empresario galego. Logo de formarse como analista programador informático en 1979 na escola de formación de Seresco en Vigo, fundou en 1984 Input Sistemas, da que foi director técnico até 1989. Nese mesmo ano fundou Open Soft Servicios Informáticos, unha das empresas tecnolóxicas de maior proxección no mercado galego, da que é administrador e director de tecnoloxías. A súa especialidade é o desenvolvemento de software de xestión empresarial para sectores verticais, entre os que ten ampla experiencia no ámbito da distribución, a alimentación, a hostalería e os seguros. Dende 2007, ano no que completou a súa formación cun curso de dirección de empresas TIC na Escola de Negocios de Caixanova, ampliou a súa actividade a novos sectores, como a seguridade da información (Os-NetBack), polo que lle concederon o premio INEO á mellor aplicación TIC de Galicia no ano 2010, e á eficiencia enerxética intelixente (Os-Sinergy). Secretario e tesoureiro de INEO, a asociación de empresas de tecnoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro, con sede en Pontevedra, que se constituíu o 24 de decembro de 1983. Entre os seus obxectivos incluíronse a estimulación e o favorecemento da cultura e os seus valores tradicionais dentro do espírito do humanismo cristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, político, escritor e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1927), en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza (1927) e doutor en Historia pola Universidad de Madrid (1936), foi profesor de ensino secundario nos institutos de Pontevedra, Balmes de Barcelona e Lugo, para finalmente exercer como director do Instituto de Bacharelato de Pontevedra. No eido da cultura, nas décadas dos anos vinte e trinta, destacou por ser un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1921), onde dirixiu a sección de Historia da Literatura (1922-1936); así mesmo, foi patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), do que foi secretario (1927-1942), xefe da oficina do Patronato Nacional de Turismo (1927-1934), vogal das comisións de monumentos de Lugo (1935) e de Pontevedra (1940) e vogal do Servicio de Defensa e Recuperación do Patrimonio Artístico (1938). Foi director do Museo de Pontevedra (1942), posto que ocupou ata a súa morte, membro da Comisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Foi capitán de corveta e secretario da Escuela Naval Militar de Marín. Escribiu artigos sobre a historia marítima galega e as obras El despacho de Méndez Núñez: En el Museo de Pontevedra (1944) e Serie de modelos de plomo del Museo de Pontevedra (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no sector NO da illa de El Hierro (4.227 h [2001]). Ten economía agropecuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (823 km2; 158.293 h [2002]). A súa capital é Mao (49.475 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e foi bolseiro da Fundación Juan March. A súa obra evolucionou desde o realismo cara a formas máis libres que dominan a anatomía. Traballou a madeira, o ferro, materiais de refugallo e outros. Amosáse tamén como un gran debuxante. Das súas obras destacan Maternidade (1964), Figura con neno (1974), Figura ecuestre (1985), Afirmación da palabra (1989) e Homenaxe á muller viguesa (1993). Recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Escultura en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico castelán. Estudou en Padua, onde foi discípulo de Colombo. Escribiu Historia de la composición del cuerpo humano (Salamanca 1556), obra que se converteu no tratado anatómico máis difundido en Europa durante os s XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado a 6 km ao L da capital provincial, na comarca de El Páramo (4.400 h [2001]). Destacan na súa economía o cultivo de viñedos e patacas. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (3.770 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao pé da Sierra de León (12.431 h [2001]). É un centro comercial e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado na Sierra de Gata e fronteiriza con Portugal (2.516 h [2001]). A agricultura e a gandaría constitúen a base da economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Catedrático de Estética na Universitat de Barcelona, a súa poesía, profundamente relixiosa e existencial, foi recollida en diversos volumes, como Poesías reunidas 1945-1990 (1990, Premi Ciutat de Barcelona). Cultivou tamén o ensaio, como en Estudios sobre a palabra poética (1952) e Nietzche, de filólogo a Anticristo (1992). Dentro da historia literaria cómpre salientar Historia de la Literatura Universal, en colaboración con Martí de Riquer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse no s XII en estilo románico, do que se conserva a nave e a portada norte. Pertencía a un mosteiro que foi doado en 1078 ao mosteiro de Samos. No seu interior destaca o retablo maior de estilo renacentista e no exterior a espadana de dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á vila estremeña de Valverde del Fresno, no val de Xálima, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Valverde del Fresno.

    3. Unha das tres variantes do galego-estremeño do Val de Xálima, que deriva do galego medieval. Fálase na vila e no concello de Valverde del Fresno.

    VER O DETALLE DO TERMO