"Vega" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 77.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de aeronavegable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Refírese a aquel espazo aéreo por onde poden voar as aeronaves.
-
GALICIA
Capitán Xeneral do Exército e Ministro da Gobernación. En 1907 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Participou na campaña de Marrocos e recibiu a Medalla ao Merito Militar Individual. Permaneceu na Academia Militar de Zaragoza na época en que estivo dirixida por Francisco Franco Bahamonde ata que foi pechada polo Goberno da República. Durante a Revolución de Asturias do 1934 asumiu o mando do Cuartel de Santa Clara, obtendo a proposta de ascenso a Tenente Coronel e o mando do Batallón de Flandes en Gasteiz. Ao estoupar a Guerra Civil, sumouse ás tropas sublevadas en África e chegou a ocupar o territorio de Araba. O Xeneral Franco encomendoulle o mando da 4ª Brigada de Navarra e tras participar en todas as frontes do Norte e na de Madrid viu confirmado o ascenso a Coronel. Despois interveu na Batalla de Brunete e continuou a campaña de Santander, Asturias e Aragón. Tomou Chert, feito que habería dividir a España republicana en dúas, valéndolle o ascenso a Xeneral de Brigada. Participou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e crítico de arte. Na súa xuventude participou en varias exposicións pitóricas, pero despois decantouse pola crítica de arte e a tradución. É autor, entre outros, dos cadros: Retrato de Emilia Pardo Bazán, Devotos de Santa María de Arcos e Un rato de conversación, este último presentouno na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887. Colaborou na Ilustración Española y Americana e en Blanco y Negro. Así mesmo, publicou Artistas y críticos españoles: siluetas de pintores, escultores, críticos (1891), Orfebrería gallega: notas para su historia (1912) e Pisa: su influencia en el Renacimiento italiano (1913). Fixo a tradución ao castelán das novelas de Emilio Salgari (Sandokán ou La mujer del pirata) e a antoloxía de prosistas e poetas Noruega literaria de Jacques Coussange (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vigo a mediados do s XX, editada pola Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación que presidía José Nogueira Dalmas. Nel (nº 105-1972) ofrécense informacións de carácter económico, comercial e xurídico, amais de novidades arredor do funcionamento da propia Cámara. Inclúe as seccións: “El caso y sus normas”, “Actividades de la Cámara”, “Información Económi ca”, “Información Jurídica” e “Información Comercial”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol en xullo de 1905. Ofrecía información sobre as actividades industriais e económicas da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en Ribadeo en 1913. Tiña periodicidade mensual e unha tirada de 400 exemplares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Ferrol no ano 1987. Foi subtitulada como “Revista de Información Empresarial”. O título e subtítulo son “Industria, Comercio y Navegación”; en case todos os números, na páxina 3, debaixo de cada editorial, aparecía o título “Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol. Publicación bimestral”. Como director figuraba Xosé Manuel Orriols Núñez e como redactores e colaboradores Begoña Villamil Castro, Eva Pena, Ana Quintela Fernández e Xosé M. Picallo Seoane, entre outros. Os contidos desta publicación estaban relacionados coa actividade empresarial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado na cidade de Pontevedra a partir do ano 1912.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Lugo en 1913. Tiña periodicidade mensual e constaba de oito follas xunto a unha cuberta. Non tiña prezo nin pé de imprenta. Da súa administración e redacción encargábase a propia Cámara de Comercio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Vilagarcía de Arousa no ano 1930.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Pertencente á denominada Escuela de Barcelona, en 1966 realizou Mañana será otro día, visión crítica do mundo do cine e da publicidade. Outros filmes seus son Las largas vacaciones del 36 (1976), La vieja memoria (1977), Dragon Rapide (1986) e El llarg hivern (O longo inverno, 1991, Premi de Cinematografia de la Generalitat de Catalunya).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao L da cidade de Granada e á beira do río Genil (4.006 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de olivas, cereais e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na marxe dereita do río Guadalhorce (6.458 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, da que destacan os produtos alimentarios, os tecidos e a maquinaria. A fertilidade da zona permite o desenvolvemento dunha importante actividade agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de circunnavegar.
-
-
Navegar arredor dun lugar. Ex: O peche do canal de Suez obrigou os petroleiros a circunnavegar África.
-
Dar un barco a volta ao mundo.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nas abas de Sierra Arana e drenado polo río Cubillas e polos seus afluentes (2.035 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, na que destacan o cultivo de cereais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1924 co subtítulo de “Revista de los intereses económicos de La Coruña, con suplementos de información”. A Secretaría de La Cámara de Comercio de La Coruña fíxose cargo da redacción e da administración, coa cooperación da Asociación Patronal e da Asociación de Navieros e Consignatarios. En 1943, esta publicación comezou unha nova etapa na que se deu a coñecer como Orientación Económica e Financiera.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero e poeta. Licenciado en Filosofía e Letras, foi catedrático de Latín de ensino medio. Pertencente á xeración de 1925, publicou Codeseira (1933) e a edición anotada Tibulo, Albio. Selección de elegías (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, drenado polo río Genil (2.656 h [1996]). A industria téxtil e tabaqueira son a base económica do municipio. Na agricultura, os cereais e os legumes son os principais cultivos.
VER O DETALLE DO TERMO