Alonso Vega, Camilo

Alonso Vega, Camilo

Capitán Xeneral do Exército e Ministro da Gobernación. En 1907 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Participou na campaña de Marrocos e recibiu a Medalla ao Merito Militar Individual. Permaneceu na Academia Militar de Zaragoza na época en que estivo dirixida por Francisco Franco Bahamonde ata que foi pechada polo Goberno da República. Durante a Revolución de Asturias do 1934 asumiu o mando do Cuartel de Santa Clara, obtendo a proposta de ascenso a Tenente Coronel e o mando do Batallón de Flandes en Gasteiz. Ao estoupar a Guerra Civil, sumouse ás tropas sublevadas en África e chegou a ocupar o territorio de Araba. O Xeneral Franco encomendoulle o mando da 4ª Brigada de Navarra e tras participar en todas as frontes do Norte e na de Madrid viu confirmado o ascenso a Coronel. Despois interveu na Batalla de Brunete e continuou a campaña de Santander, Asturias e Aragón. Tomou Chert, feito que habería dividir a España republicana en dúas, valéndolle o ascenso a Xeneral de Brigada. Participou en todas as operacións do sector catalán conquistando Barcelona e Girona para os franquistas. Como recompensa á súa longa actividade bélica, acadou dúas veces as Medallas ao Mérito Militar e foi nomeado Conselleiro Nacional do Movemento e Procurador en Cortes. No 1940, como Director Xeral de Ensino Militar, desempeñou o cargo de subsecretario do Ministerio do Exército e alcazou o rango de Xeneral de División. Tres anos máis tarde, asumiu a Dirección Xeral da Garda Civil e ascendeu a Tenente Xeneral. Foi tamén Ministro da Gobernación aínda que o cesaron do cargo en 1969 ao ser nomeado Capitán Xeneral.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Madrid