"Verdun" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do departamento de Meuse, en Lorena, Francia (16.624 h [1999]). Situada na ribeira do Mosa, ten industria de alcohol e da la. Clodoveo I integrouna na monarquía francesa (502) ata que, polo Tratado de Verdun (843) pasou a formar parte da Lotarinxia e, posteriormente, do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Durante a Primeira Guerra Mundial (1916) foi escenario da Batalla de Verdun.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de operacións militares que se desenvolveron entre 1916 e 1917, no transcurso da Primeira Guerra Mundial, na zona de Verdun e no río Mosa. Concibida como un ataque de desgaste, a ofensiva alemá topou cunha resistencia encarnizada do exército francés, comandado por Pétain e que acabou converténdose nunha guerra de trincheiras. En agosto de 1917 os franceses retomaron a iniciativa, e ao cabo dun ano xa recuperaran as posicións iniciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Verdun, en agosto de 843, entre os fillos de Ludovico Pío, que resolveu os conflitos provocados pola repartición do Imperio Carolinxio. Lotario obtivo o título imperial (Lotario I), o N de Italia e unha franxa central que abranguía do mar do Norte ao Mediterráneo. Carlos o Calvo obtivo Francia (Carlos II) no O do Mosa, o Saona e as Cevenes. A Luís o Xermánico correspondeulle a zona oriental do Imperio (Luís II de Alemaña).

    VER O DETALLE DO TERMO