Verdun
Verdun
Cidade do departamento de Meuse, en Lorena, Francia (16.624 h [1999]). Situada na ribeira do Mosa, ten industria de alcohol e da la. Clodoveo I integrouna na monarquía francesa (502) ata que, polo Tratado de Verdun (843) pasou a formar parte da Lotarinxia e, posteriormente, do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Durante a Primeira Guerra Mundial (1916) foi escenario da Batalla de Verdun.