"Vermella" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • De cor vermella ou case vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe feminina infantil protagonista do conto popular do mesmo título. Na versión Le petit chaperon rouge de Perrault, incluída en Contes de ma mère l’Oye (1697), a nena, chamada así pola súa vestimenta, leva nun cestiño agasallos para a avoa; polo camiño atopa o lobo, que a engana co fin de chegar antes á casa da avoa e, así, comelas ás dúas. Na versión dos irmáns Grimm a meniña e a avoa son rescatadas por un cazador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional non gobernamental de carácter humanitario fundada en 1863 para auxiliar os militares feridos nas contendas bélicas. Co paso do tempo ampliou o seu ámbito de actuación á asistencia dos prisioneiros de guerra, ás víctimas das guerras civís ou desastres naturais, á atención sanitaria e á axuda a persoas incapacitadas. A súa fundación produciuse na Convención de Xenebra de 1863 baixo a iniciativa de Henry Dunant. Entendeuse como unha organización neutral encargada do coidado dos feridos nos campos de batalla. Os principios da Convención sobre o seu funcionamento aínda seguen en vigor: humanidade, imparcialidade, neutralidade, independencia, carácter voluntario, unidade e universalidade. A creación da Media Lúa Vermella tivo lugar en 1929 como consecuencia da aversión que se tiña nos países islámicos á cruz latina vermella dende os tempos das cruzadas e que nalgúns casos, como na guerra que en 1876 enfrontou a Montenegro, Serbia, Romanía e Turquía, orixinou dramáticas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cereixa’.

    VER O DETALLE DO TERMO