"Vermudo" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que provén do xermánico Veremudus ou Veremundus, de ber ‘xabaril, porco bravo’, e metaforicamente ‘príncipe, señor’ e mund ‘man’, e metaforicamente ‘protección’: ‘o príncipe protector’. Na época medieval existiu a variante Veremudo e unha variante deu o apelido galego Bermúdez. Presenta a variante Bermudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? -? 797?) Rei de Asturias (788-791), fillo de Froila I e sucesor de Mauregato. Destacou na súa loita pola conquista dos territorios ocupados polos árabes. Sufriu a derrota na batalla do río Burbia (791), polo que tivo que abdicar en favor do seu sobriño Afonso II.
-
PERSOEIRO
Rei de Galicia (982-999) e de León (984-999), fillo bastardo de Ordoño III e sucesor de Ramiro III de León. Foi coroado pola nobreza galega en Santiago de Compostela, moi descontenta con Ramiro III quen, nun intento de recuperar o poder, enviou un exército na súa contra. A loita resolveuse ao seu favor e apoderouse de León obrigando a Ramiro III a retirarse a Astorga. Apoiado inicialmente por Almanzor, tomou o Reino de León, pero axiña o caudillo musulmán se enfrontou a el, atacou Coimbra, León e emprendeu o cerco de Zamora. Fuxiu a Lugo, pero os nobres galegos subleváronse contra el e aliáronse con Almanzor, que chegou ata Santiago de Compostela (997). Logo da retirada de Almanzor, reparou as cidades, templos e fortalezas destruídas e saqueadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de León (1028-1037), fillo e sucesor de Afonso V e último da dinastía galaico-leonesa. Herdou o reino en minoría de idade, asumindo a rexencia a súa madrasta Urraca de Navarra. Durante o seu reinado mantivo discordias con Sancho III de Navarra polas terras comprendidas entre Cea e o Pisuerga. O monarca navarro aproveitou a súa minoría para alentar as rebelións nobiliares no reino leonés (1029-1030 e 1032 en Galicia). Ao acadar a maioría de idade (1032), expulsou de León ao sector pro-navarro, acción que desencadeou unha rebelión xeral no reino leonés que Sancho III de Navarra aproveitou para ocupar Zamora, Astorga e León (1034). Nesta situación, refuxiouse en Galicia ata a morte de Sancho III (1035), cando recuperou os seus estados. Porén, a esixencia ao seu cuñado Fernando I de Castela de que lle devolvera as terras palentinas, desencadeou un novo conflito que rematou coa súa derrota na Batalla de Tamarón (1037).
VER O DETALLE DO TERMO