Vermudo III

Vermudo III

Rei de León (1028-1037), fillo e sucesor de Afonso V e último da dinastía galaico-leonesa. Herdou o reino en minoría de idade, asumindo a rexencia a súa madrasta Urraca de Navarra. Durante o seu reinado mantivo discordias con Sancho III de Navarra polas terras comprendidas entre Cea e o Pisuerga. O monarca navarro aproveitou a súa minoría para alentar as rebelións nobiliares no reino leonés (1029-1030 e 1032 en Galicia). Ao acadar a maioría de idade (1032), expulsou de León ao sector pro-navarro, acción que desencadeou unha rebelión xeral no reino leonés que Sancho III de Navarra aproveitou para ocupar Zamora, Astorga e León (1034). Nesta situación, refuxiouse en Galicia ata a morte de Sancho III (1035), cando recuperou os seus estados. Porén, a esixencia ao seu cuñado Fernando I de Castela de que lle devolvera as terras palentinas, desencadeou un novo conflito que rematou coa súa derrota   na Batalla de Tamarón (1037).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Burgos