"Vicenzo" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Autor de traballos sobre historia das institucións do dereito romano considerados como importante autoridade na materia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo italiano. Traballou o xénero satírico da farsa cavaiola. É o autor de La maestra (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e cosmógrafo veneciano. Franciscano, en 1685 foi nomeado en Venecia cosmógrafo da República e fundou a sociedade xeográfica Accademia degli Argonauti. En Francia construíu para Luís XIV dous grandes globos que aínda se conservan na biblioteca de París. As súas obras principais son Atlante Veneto (1690), unha enciclopedia inacabada que titulou Biblioteca universale sacro-profana (1709), Corso geografico (1649) e Cronologia universale (1707).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Considérase como o fundador da escola milanesa. Traballou en Xénova, onde coñeceu a pintura flamenga, en Pavia, onde pintou a igrexa Santa Maria del Carmine (1462), e en Milán, onde fixo os frescos da capela Portinari en Sant’Eustorgio (1468). É autor tamén do inacabado políptico do cardeal Della Rovere (1488) e do L’estendard dels Orzinuovi (O estandarte dos Orzinuovi, 1514), de forte influencia renacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e filósofo italiano. Ordenado sacerdote en 1825, foi desterrado do Piemonte pola súa actividade liberal (1833). Partidario do neogüelfismo, propugnou a constitución dunha federación de estados italianos baixo a presidencia do papa; aínda que, posteriormente, renunciou ao sistema federal e se mostrou partidario da creación dun Estado liberal unitario baixo a dirección do Piemonte. No eido da filosofía defendeu o ontoloxismo e enfrontouse aos xesuítas. Das súas obras destacan Primato civile e morale degli italiani (1843), Rinnovamento civile dell’Italia (1851) e Prolegomeni al primato (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da península do Grove situada na parroquia de San Vicente do Grove (O Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello da Baña situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO