Gioberti, Vicenzo

Gioberti, Vicenzo

Político e filósofo italiano. Ordenado sacerdote en 1825, foi desterrado do Piemonte pola súa actividade liberal (1833). Partidario do neogüelfismo, propugnou a constitución dunha federación de estados italianos baixo a presidencia do papa; aínda que, posteriormente, renunciou ao sistema federal e se mostrou partidario da creación dun Estado liberal unitario baixo a dirección do Piemonte. No eido da filosofía defendeu o ontoloxismo e enfrontouse aos xesuítas. Das súas obras destacan Primato civile e morale degli italiani (1843), Rinnovamento civile dell’Italia (1851) e Prolegomeni al primato (1845).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Turín

  • Deceso

    Lugar : París