"Vidal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo profesional, especializado en fotografía publicitaria e industrial. Foi cofundador da Sociedade Fotográfica Coruñesa, do movemento Novos Fotógrafos Galegos e director da revista de fotografía 40 x 50. Formou o seu propio estudo na Coruña en 1979. Ten participado en numerosas exposicións colectivas como: Novos Fotógrafos Coruñeses celebrado na Coruña en 1982 e en 1984, a Fotobienal en Vigo en 1984, a intitulada Dende o Atlántico exposta en Xenebra, O Porto e Pontedeume; tamén Construír a paz. Cultura para a paz en Vigo, Ourense, A Coruña e Lugo. Participou tamén na mostra Sonimag 97 e no Outono Fotográfico en Ourense en 1998. Entre as súas exposicións individuais destacan a Bienal Fotográfica de Lugo en 1989 e Territorio Asháninka da Fundación Paz e Solidariedade, celebrada en Santiago en 1999. Ten asistido a numerosos congresos e seminarios, en Galicia e fóra (Suíza, Barcelona e Santander). Foi premiado, entre outros, co 1º premio no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito local e membro de honra do Padroado Rosalía de Castro en 1947. Dedicado profesionalmente ao seu oficio de barbeiro, destacou pola súa paixón cara á escritora padronesa. Desta afección viría a designación de o viúvo de Rosalía coa que era coñecido popularmente. Participou de forma activa na recollida de vocabulario castelán-galego promovida polo padre Crespo. Publicou biografías de padroneses ilustres como Alonso de la Peña ou Xosé María Vidal Cepeda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de montes. Desempeñou o seu traballo en Pontevedra, e escribiu varios libros sobre a repoboación de montes como: Proyecto para la repoblación de los montes públicos (1926), Los incendios en los montes públicos (1929) e Historia de un Herbario (1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Comezou os estudios no Conservatorio do Liceu de Barcelona, onde debutou en 1914 con Rigoletto. Foi profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Barcelona. Actuou con grande éxito nos mellores teatros de Europa e América. Compuxo algunhas melodías, entre as que destaca Transcripció per a cant dúnes variacions sobre un tema de Mozart.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor. Desenvolveu inicialmente a súa formación de enxeñeiro industrial como director técnico de varias empresas eléctricas e como xefe de mantemento das centrais hidráulicas de Unión Fenosa. Entre 1982 e 1985 exerceu como xerente e director de produción de Video Trama SA, empresa produtora de vídeo industrial e creativo. De 1986 a 1989 realizou as mesmas funcións para Xavier Villaverde Asociados, produtora encargada da rodaxe de Continental (1989). Director xeral e produtor executivo de Continental Produciones SA, realizou a produción dos filmes Inés de Portugal (1996), Frontera Sur (1997), Cuando vuelvas a mi lado (1998), Finisterre (1998) e La rosa de piedra (1999). Foi produtor executivo das series televisivas Las señales tus amigas, A familia Pita e Ida e volta, e produciu numerosos anuncios publicitarios para diversas empresas nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Estudiou xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Comezou a súa andaina profesional en 1977 en El Ideal Gallego. A partir de 1981 pasou a ocupar a delegación de La Voz de Galicia en Santiago de Compostela, onde coordinou a área de información autonómica. Despois de formar parte do equipo directivo de La Voz de Galicia na Coruña e de exercer como correspondente de El País, en 1986 puxo en marcha a Axencia Galega de Noticias (AGN), onde ocupou o cargo de director xeral. En 1988, da man de Rey Novoa, incorporouse como redactor xefe a El Correo Gallego, onde tamén exerceu como subdirector. Foi o responsable de poñer en marcha O Correo Galego. Nestes dous últimos periódicos desempeña funcións de coordinación xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, instalouse en Bos Aires, onde transcorreron a súa infancia e adolescencia. De regreso a España estableceuse na Coruña como docente de ensino medio de lingua e literatura españolas. Colaboradora da publicación Galicia en Madrid, é autora de Balada para el recuerdo (1984) e O’ vento (Premio Poesía da Casa de Galicia de Las Palmas, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor, director e guionista. Coñecido como Chema Gagino, en 1985 comezou a súa carreira no sector audiovisual, traballando como actor e director de dobraxe. Entre 1988 e 1993 exerceu como director, guionista e locutor en numerosos programas de creación para diferentes emisoras de radio privadas e públicas. A comezos da década dos noventa fundou con outros socios o Colectivo CAOS para a Creación e Experimentación Audiovisual, organizando diversos certames e obradoiros de cine e vídeo. Guionista, produtor, director e actor de dobraxe, a súa faceta máis destacable é a de guionista e director cinematográfico e televisivo, con obras como a curtametraxe Isolina do Caurel (1997) ou a serie Terra de Miranda, en colaboración con Jorge Coira para o Grupo Voz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Abandonou a súa oposición á redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera e participou co grupo La Sota de Pontevedra en favor da mesma. Foi asesor xurídico da Deputación de Pontevedra ata o seu cesemento, motivado por participar no xuízo contra A. Bóveda. Foi un dos fundadores da Misión Biolóxica de Galicia e da Caixa de Aforros Provincial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Ramón Deside, traballou en Catalunya como decorador e realizou altorrelevos en materiais diversos. A súa obra, de carácter informalista, mostra unha depuración das formas, cun labor destrutivo de todo o que considera inútil. Empregou os materiais grosos que provocan sensacións escultóricas para crear espacios novos. Realizou exposicións en Catalunya e en Galicia, e participou nas mostras de Arte Galega na Colección Caixavigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Adestradora. Foi directora técnica de ximnasia rítmica da Federación Gallega e directora técnica do Club 2000 de ximnasia. Obtivo a Medalla al Mérito Gimnástico de la Federación Española e o diploma de honra do Consejo Superior de Deportes. Escribiu La gimnasia rítmica. Metodología e La gimnasia rítmica: un planteamiento educativo motriz. Obtivo o campionato de España como adestradora en 1978, 1979 e 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor, crítico e produtor cinematográfico. Licenciado en Filosofía e Letras, foi distribuidor de diversas editoriais en Galicia (1967-1973), entre outras, Alianza, Siglo XXI, Fondo Cultura Económica, Ariel, Cuadernos para el Diálogo, Labor, Castalia e Seix Barral. Foi director do Fondo de Cultura Económica (1974-1982), director de mercadotecnia de Alianza Editorial (1983-1989) e do xornal El País (1989-1990). Pertenceu ao equipo fundador do Instituto Cervantes, onde dirixiu a área de Cultura e Relacións Externas (1991-1993), e dirixiu a editorial Electa (1994-2002). No campo cinematográfico, colaborou como articulista nos diarios La Noche e El Correo Gallego (1960-1967) e fundou e dirixiu o Cine-Club Universitario (1961-1964) e o Cine-Club da Agrupación Fotográfica Compostelana (1965-1967). Xunto con Gonzalo Anaya e Enrique Banet fundou e codirixu o Equipo 64 (1964-1966) que produciu os documentais El Camino de Santiago, Malpica, El Pórtico de la Gloria e Compostela inédita. Entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar cubano. Combateu en Marrocos (1909-1930), onde foi ascendido a xeneral (1924). Director xeral de seguridade do goberno Berenguer (1930), ao caer a monarquía foi separado do exército, pero volveu (1934) e, co nome de el Director, planeou o alzamento contra a República. Comandante militar de Pamplona, o 18 de xullo de 1936 organizou coa axuda dos requetés, as columnas que marcharon contra Donostia e contra Madrid desde Nafarroa. Estableceu a Junta de Defensa Nacional de Burgos e, en outubro, pasou a comandar o Exército do Norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. En 1806 chegou a Bos Aires e integrouse no Tercio de Gallegos. Levou a cabo unha brillante carrera militar e participou nas loitas independentistas, entre outras, nas batallas de Las Piedras (1812) e Tucumán (1812). Loitou no Alto Perú e participou na ocupación de Lima, nas campañas de Río de la Plata e de Colombia. Foi gobernador dos departamentos de Arequipa, Cuzco e Puno.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Artista autodidacta, realizou cruceiros, figuras relixiosas e profanas, nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles. A súa obra, caracterizada pola forza expresiva, con influencia do románico galego, está espallada por España, Europa e América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. Activo entre 1183 e 1204, estivo nas cortes de Ramón V de Tolosa, Barral dos Baus, Afonso II Aragón e pode que tamén na de Afonso VIII de Galicia e León. Viaxou por Palestina, Italia, Hungría e Malta. Posuíu unha personalidade poética chea de enxeño e de agudeza, hábil na caricatrura e na parodia. Del consérvanse 45 cantigas, trece con música, de estilo sinxelo e claro que o achegan ao trobar leu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, realizou estudos de dereito. Foi deputado no Parlamento galego (1980-1997), director xeral de Relacións Institucionais (1983-1986), vicepresidente (1986) e presidente (1986-1989) do Parlamento galego, concelleiro en Ourense (1990), deputado na Deputación de Ourense (1990), senador (1990-1991), conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes (1991-1997) e vicepresidente da Conferencia Nacional de Agricultura (1994-1997). Foi patrón da Fundación Ferial Semana Verde de Galicia (1991-1997), conselleiro do IGAPE (1991-1997) e membro dos consellos reitores de diversos parques naturais de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, as medallas de ouro de Feiraco, Irmandiños, Semana Verde e Ternera Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médica. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e inspectora médica desde 1987, foi xefa da Unidade de Concertos na dirección provincial do SERGAS na Coruña desde 2001. En 2005 foi nomeada conselleira de Sanidade, en representación do PSdG-PSOE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Radioloxía e Medicina Física na Universidade da Coruña. Investigou en medicina física e nuclear e a radioloxía. Destacan Medicina nuclear en transplantes (1986), Exploraciones digestivas en medicina nuclear (1986), Comunicación, estrés y accidentabilidad (tres factores de actualidad) (1998) e Manual de medicina física (1998). Recibiu a Mención de Honor dos Premios Nacionales de Informática y Salud (2001), polo seu traballo “Ayuda para la organización de la I Jornada Nacional de Realidad Virtual en Medicina y Cirugía”.
VER O DETALLE DO TERMO -