Casal Vidal, Francisco
Produtor. Desenvolveu inicialmente a súa formación de enxeñeiro industrial como director técnico de varias empresas eléctricas e como xefe de mantemento das centrais hidráulicas de Unión Fenosa. Entre 1982 e 1985 exerceu como xerente e director de produción de Video Trama SA, empresa produtora de vídeo industrial e creativo. De 1986 a 1989 realizou as mesmas funcións para Xavier Villaverde Asociados, produtora encargada da rodaxe de Continental (1989). Director xeral e produtor executivo de Continental Produciones SA, realizou a produción dos filmes Inés de Portugal (1996), Frontera Sur (1997), Cuando vuelvas a mi lado (1998), Finisterre (1998) e La rosa de piedra (1999). Foi produtor executivo das series televisivas Las señales tus amigas, A familia Pita e Ida e volta, e produciu numerosos anuncios publicitarios para diversas empresas nacionais e internacionais.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña