"Vienne" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
RIOS
Río de Francia (372 km), afluente do Loira pola esquerda. Nace preto de Sornac (Lemosín), pasa por Limoges, despois de recibir o Taurion, penetra no Poitou e desauga no Loira despois de Chinon, en Turena.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Isére, Francia (29.975 h [1999]). Está situada á beira esquerda do Ródano, nunha das partes máis estreitas do val, onde converxe co Gère. Ten industria téxtil e da confección. Coñecida como Viena do Delfinado, foi unha colonia romana co nome de Colonia Iulia Vienna Allobrogum. Foi capital do reino burgundio (432), do Reino de Provenza (879) e do Reino de Arlés (933). En 1032 incorporouse ao Sacro Imperio e en 1448 ao Reino de Francia .
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento do Poitou-Charentes, Francia (6.991 km2; 399.024 h [1999]). A súa capital é Poitiers.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo quinto concilio ecuménico convocado polo Papa Clemente V en Vienne (1311-1312) para tratar o tema dos templarios. Dividiuse en tres sesións dirixidas por Filipe IV de Francia, que estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VII e en 1312 obrigou o papado a suprimir a orde.
-
TERRITORIOS
Territorio dos arredores de Viena rexido polos arcebispos de Vienne.
VER O DETALLE DO TERMO