Vienne

Vienne

Cidade do departamento de Isére, Francia (29.975 h [1999]). Está situada á beira esquerda do Ródano, nunha das partes máis estreitas do val, onde converxe co Gère. Ten industria téxtil e da confección. Coñecida como Viena do Delfinado, foi unha colonia romana co nome de Colonia Iulia Vienna Allobrogum. Foi capital do reino burgundio (432), do Reino de Provenza (879) e do Reino de Arlés (933). En 1032 incorporouse ao Sacro Imperio e en 1448 ao Reino de Francia .