"Villalpando" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
FAMILIAS
Familia de arquitectos e escultores do s XVI naturais de Villalpando (Zamora), formada polos irmáns Jerónimo, decorador, e Juan, arquitecto. Coñecedores das técnicas de traballo do xeso, empregaban moldes que reproducían os diferentes motivos decorativos que despois modelaban sobre o xeso aínda húmido. Entre as súas obras destacan: a capela dos Benavente na igrexa de Santa María (1544-1556) e as tribunas da igrexa de San Francisco (1536), ambas as dúas en Medina de Rioseco; a capela maior e a nave do hospital de Tordesillas; a capela de San Pedro na catedral de Palencia e a Casa Blanca de Medina del Campo (1556-1563).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado en La Tierra de Campos, onde conflúen os ríos Valderaduey e Bustillo (1.665 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, escultor e forxador. Foi un dos teóricos máis importantes da arte renacentista castelá. Traballou no Alcázar de Toledo e realizou a reixa da capela maior da catedral toledana. Traduciu os libros terceiro e cuarto do Tratado de arquitectura de Serlio, en 1552.
VER O DETALLE DO TERMO