"Vulgata" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ersión anónima que trata temas artúricos, escrita entre 1230 e 1240 e constituída pola Estoire du Saint Graal, Merlin, Suite du Merlin, La quête du Saint Graal e La mort du roi Arthur. Baseada nunha compilación anterior coñecida como Vulgata (1215), á súa vez todas estas versións teñen como posible orixe o opúsculo Prophetiae Merlini (1134?) e a Historia Regum Britaniae (1138?), escritos polo clérigo galés Godofredo de Monmouth, e algunhas narracións de Chrétien de Troyes. De grande influencia na Península Ibérica, coñeceuse a través dunha copia que trouxera á corte castelá Leonor de Plantagenet, filla de Enrique II de Inglaterra e muller de Afonso VII. O protagonista das accións é o Graal, que comeza a narración, e que continúa coa historia de Merlín, o reinado de Artur, a demanda do Graal e a morte, nunha versión reducida, de Artur. No ámbito da lírica galego-portuguesa, en concreto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, hai constancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ersión latina da Biblia adoptada, non sen resistencias, pola Igrexa latina no s V e oficializada polo Concilio de Trento (1546). Agás algúns libros deuterocanónicos e os Salmos, trátase da versión que fixo san Xerome a partir do texto hebreo. En canto ao Novo Testamento, unicamente revisou os Evanxeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición anónima en prosa escrita cara a 1215 e que comprende os libros Estoire del Saint Graal, Estoire de Merlin, Le Livre de Lancelot du Lac, Lês aventures ou La Queste del Saint Graal e La mort le roi Artur. Orixe dunha compilación posterior coñecida como Post-Vulgata (1230-1240), baséase, probablemente, no opúsculo Prophetiae Merlini (1134?) e na Historia regum Britanniae (1138?) de Geoffrey de Monmouth, e nalgunhas narracións de Chrétien de Troyes.

    VER O DETALLE DO TERMO