Vulgata
Vulgata
[LIT]
Composición anónima en prosa escrita cara a 1215 e que comprende os libros Estoire del Saint Graal, Estoire de Merlin, Le Livre de Lancelot du Lac, Lês aventures ou La Queste del Saint Graal e La mort le roi Artur. Orixe dunha compilación posterior coñecida como Post-Vulgata (1230-1240), baséase, probablemente, no opúsculo Prophetiae Merlini (1134?) e na Historia regum Britanniae (1138?) de Geoffrey de Monmouth, e nalgunhas narracións de Chrétien de Troyes.