"WTO" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Realizou, xunto con Kossel e Langmuír, estudios sobre o enlace dos átomos por dobretes electrónicos e a teoría da valencia en xeral, que deron como resultado o modelo de átomo cúbico estático para explicar a teoría do octeto. Introduciu un novo concepto de ácido e base, denominados ácido de Lewis (moléculas que aceptan pares de electróns) e base de Lewis (moléculas que ceden pares de electróns), e formulou a teoría que leva o seu nome, segundo a que o enlace covalente se debe ao compartimento de pares de electróns entre os átomos dunha molécula. Tamén conseguiu illar o deuterio e obter auga pesada pura (combinando osíxeno e deuterio).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de forza do SI definida como a forza que, aplicada a unha masa de 1 kg, lle produce unha aceleración de 1 m/s2.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico canadense. Coñecido como Glenn Ford, interpretou dramas, comedias e westerns. Obtivo un grande éxito con Gilda (1946) e tamén actuou en The Big Heat (1953), 3:10 to Yuma (1957), The four horsemen of the Apocalypse (1961), Day of the Assassin (1979) e Raw Nerve (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo suízo. Foi considerado polos seus contemporáneos a máxima autoridade en ornitoloxía. Editou a revista Ibis e escribiu o importante Ditionary of Birds (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Fórmula para calcular a potencia enésima dun binomio, coñecida tamén como teorema do binomio. No caso de que o expoñente n do binomio sexa un número natural a súa expresión é
FORMULA
onde os coeficientes (nk) coñecidos como coeficientes binomiais, obtéñense da fórmula
FORMULA2
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión formal da segunda lei de Newton, que presenta a forma F = ma.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Os seus traballos caracterizáronse por unha mestura de glamour, sexo e imaxe teatral, con especial interese pola imaxe feminina núa en branco e negro. Retratou a Paloma Picasso, Pierre Cardin e Naomi Campbell, entre outros, e as súas fotografías apareceron en Vogue, Stern, Elle, Queen e Playboy. Publicou White Women/Femmes Secrètes (1976), Sleepless Nights/Nuits Blanches (1978) e Helmut Newton: Novas Imaxes (1989), e protagonizou os documentais Helmut Newton (1978) e Frames from the Edge (1988). Recibiu o premio do Instituto de Artes Gráficas de América (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, matemático e astrónomo inglés. Fillo póstumo dun pequeno terratenente, foi alumno da escola de Grantham e máis tarde do Trinity College de Cambridge, onde se graduou en 1665. Durante os dous anos seguintes, mentres a Universidade de Cambridge estaba pechada pola peste, comezou a reflexionar sobre o método matemático das fluxións, as teorías sobre a natureza da luz e das cores e a gravitación universal. Foi nomeado fellow de Cambridge e en 1667 profesor de matemáticas. En 1672 foi nomeado membro da Royal Society de Londres, da que posteriormente sería presidente (1703-1727) e, en 1696 nomeárono gardián da Casa da Moeda de Londres (1696), da que tamén foi director. Considerado o pai da física clásica, da astronomía moderna, da óptica e un dos pais das matemáticas, quixo demostrar que todo o Universo funciona segundo unha lei natural -a da gravitación- que non require ningunha aplicación continua de forza. Definiu os conceptos de masa ou cantidade de materia, cantidade de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lei da atracción universal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leis formuladas por I. Newton. A primeira lei do movemento di que todo o sistema físico illado, é dicir, sobre o que non actúa ningunha forza exterior, mantense no seu estado de repouso ou de movemento rectilíneo e uniforme. A segunda lei do movemento di que a variación do estado de repouso ou de movemento rectillíneo e uniforme dun sistema físico é proporcional á forza exterior que se lle aplica, e maniféstase na mesma dirección ca a forza. Por último, a terceira lei do movemento establece que toda acción (forza) aplicada a un sistema físico se opón a unha reacción igual e de sentido contrario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tubo de vidro do que se extraeu aire, que contén corpos de diferente natureza, como unha bóla de aceiro, unha pluma ou un anaco de cortiza, e que serve para comprobar que, en ausencia da rozadura do aire, o tempo de caída dos corpos é independente da súa masa, forma e natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Isaac Newton ou ás súas teorías.
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, formado en 1958 mediante a unión de sete comunidades rurais (151 km2; 82.000 h [estim 2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Formado na University of Princeton, na súa obra, escrita con algúns trazos satíricos e románticos, amosou a súa versatilidade. Fíxose popular coa novela melodramática The Gentleman from Indiana (1899), e despois con Monsieur Becaire (1900) e The conquest of Canaan (1905, Premio Pulitzer 1922), posiblemente a súa obra máis exitosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organizacion Mundial de Comercio.