Newton, leis do movemento de

Newton, leis do movemento de
[FÍS]

Leis formuladas por I. Newton. A primeira lei do movemento di que todo o sistema físico illado, é dicir, sobre o que non actúa ningunha forza exterior, mantense no seu estado de repouso ou de movemento rectilíneo e uniforme. A segunda lei do movemento di que a variación do estado de repouso ou de movemento rectillíneo e uniforme dun sistema físico é proporcional á forza exterior que se lle aplica, e maniféstase na mesma dirección ca a forza. Por último, a terceira lei do movemento establece que toda acción (forza) aplicada a un sistema físico se opón a unha reacción igual e de sentido contrario.