"Warren" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Henry Warren Beatty.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Membro do Republican Party, foi elixido presidente en 1920 e ocupou o cargo ata 1923. Mostrouse contrario á Sociedade de Nacións e favorable aos aranceis sobre as mercadorías europeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Administrador inglés ao servizo da Compañía das Indias. Gobernador xeral de India (1774), transformou Bengala nunha auténtica colonia. En 1785 dimitiu do cargo a causa das medidas obstaculizadoras ao seu traballo tomadas contra el en Inglaterra baixo a presión dos whigs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Tivo un papel decisivo na interpretación do código xenético e en 1961 encontrou ribosomas e conxugounos cun ARN artificial. Amosou como as instrucións xenéticas no núcleo celular controlan a composición das proteínas. Recibiu a Medalla Nacional de Ciencia e o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1968), que compartiu con H. Gobind Khorana e Robert W. Holley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Presidente da comisión de climatoloxía da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), estruturou unha clasificación dos climas e interesouse pola evapotranspiración das plantas para delimitar as achegas de auga necesarias do solo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU (138.247 h [2000]). É unha cidade residencial ao N de Detroit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Debutou no cine con Splendor in the Grass (1961). Dirixiu Reds (1981, Golden Globe e Oscar ao mellor director en 1982), Dick Tracy (1990) e Bulworth (1998). Destacan as súas actuacións en Heaven can Wait (1978) Bonnie and Clyde (1967) e Town & Country (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión encabezada polo presidente do tribunal supremo de EE UU E. Warren (1891-1974), creada polo presidente L. B. Johnson en 1963 para investigar o asasinato de John F. Kennedy. As súas conclusións (1964) negaban calquera clase de conspiración entre o presunto asasino, L.H. Oswald, e quen o matou, J. Ruby. Testemuños posteriores demostraron a parcialidade destas conclusión, e o tema da posible conspiración volveu rexurdir, sobre todo a raíz do caso Watergate (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Colaborou na elaboración de tres volumes do grupo New Criticism. Da súa produción destaca a novela All the King’s Men (1946) e os poemarios Promises: Poems 1954-1956 (1957) e Now and Then: Poems 1976-1978 (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Realizou traballos sobre a teoría de probabilidades e sobre a aplicación desta ao electromagnetismo. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Publicou con C. E. Shanon The Mathematical Theory of Communication (1949).

    VER O DETALLE DO TERMO