Boadicea

Boadicea

ou Budica (s I) Raíña dos icenios de Britania. Estivo casada co Rei Prasutagus, cliente dos romanos e que entregou as súas posesións ás súas fillas e ao Emperador Nerón. Trala anexión romana do reino, Boadicea rebelouse no ano 60. Logo de ser derrotada polos romanos dirixidos por Suetonio Paulino morreu envelenándose.