"Werkbund" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Institución fundada no ano 1907 polo arquitecto Hermann Muthesius (1861-1927) en Múnic. Uniu a artesáns, arquitectos e deseñadores coa finalidade de mellorar o deseño e a calidade dos produtos industriais. Inspirouse no Arts and Crafts de William Morris, aínda que aceptou o maquinismo como un feito irreversible e serviuse del. No seu interior existiron dúas faccións: unha liderada por Muthesius e P. Behrens que propuña o maior uso da produción industrial e a estandarización do deseño, e outra dirixida por H. van de Velde, defensora da expresión artística individual. Na reunión anual de 1914, celebrada en Colonia e na que participou W. Gropius, optouse pola primeira. Á súa imaxe xurdiron, entre outras, as institucións Österreichister Werkbund en Austria (1912), Slöjdsforening en Suecia (1913), Comité Central des Arts Appliquées en Francia (1916), Design and Industries Association en Inglaterra (1917) e Schweirezischer Werkbund en Suíza (1923). Trala paréntese provocada pola Primeira Guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deutscher Werkbund.

    VER O DETALLE DO TERMO