"Westminster" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira británica constituída en 1968 pola fusión do National Provincial Bank (1883) e o Westminster Bank (1843), ambos os dous bancos resultado doutros procesos de concentración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade inglesa de Middlesex que constitúe un barrio central de Londres. Arredor da antiga abadía de Westminster reúnense os edificios máis importantes da cidade como o Parliament, Buckingham Palace, Saint James’ Palace, Law Courts, Whitehall ou a National Gallery. Os edificios da abadía (ss XI-XIII) foron iniciados en 1050 por Eduardo III de Wessex. Panteón real, nela coróanse tradicionalmente os reis ingleses. O Parliament é unha reconstrución do s XIX en estilo gótico Tudor. O palacio, a abadía e a igrexa de Saint Margaret’s foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que instituíu a Commonwealth of Nations. Preparada pola conferencia imperial de 1927, foi aprobada polo Parliament británico o 11 de decembro de 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza entre Inglaterra e Prusia, asinada en Westminster o 16 de xaneiro de 1756. Ao provocar, como reacción, a alianza entre Francia e Austria (Tratado de Versailles, 1756), implicou a inversión de alianzas que levou á Guerra dos Sete Anos.