Lufthansa
Lufthansa
Nome científico:
[Deutsche Lufthansa A.G.]
Compañía de aviación alemá creada en 1926 como resultado da unión da Deutsche Luftrederei, fundada en 1919, e a compañía Junkers de transporte aéreo co nome de Deutsche Lufthansa A.G. Comezou as actividades con voos entre Berlín e Kaliningrad, pero o interese principal da compañía foi o establecemento das liñas con América do Sur e Extremo Oriente.