Luftwaffe

Luftwaffe

Exército alemán do aire reconstituído por Göring a partir de 1935, seguindo os principios do aviador italiano Douhet. A derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial e o posterior Tratado de Versailles limitaron o desenvolvemento da súa industria militar e do seu exército, pero a creación da compañía civil de aviación Lufthansa permitiu a preparación dos pilotos e o desenvolvemento técnico dos aparatos. Participou na Guerra Civil Española e o seu emprego, combinado coas forzas terrestres durante a Segunda Guerra Mundial, foi un dos factores que permiten explicar os éxitos iniciais alemáns. En 1939 contaba con catro flotas aéreas: Leste, Noroeste, Oeste e Sueste, compostas por   corpos do exército encargados da defensa antiaérea, organización do personal e do material auxiliar. As forzas armadas de Alemaña conservan esta denominación.

Palabras veciñas

luético -ca | lufada | Lufthansa | Luftwaffe | luganda | Lugano | Lugansk’