"Xaquín" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, realizou a tese de doutoramento en 1983 co título Análisis económico-financiero y estrutural del estado de autonomía de Galicia. Publicou os estudos La Autonomía Gallega (1978), Contribución fiscal y solidaridad de las ciudades gallegas (1996), La Reforma de la financiación autonómicaA rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia (2003) e Educación democrática ou barbarie (2015). Colabora con artigos da súa especialidade en diversas publicacións (Economía y finanzas, Galicia Internacional, Encrucillada, Papeles de Economía Española, Revista Galega de Economía, etc). Nos anos 1979-1980 foi Alcalde do concello do Grove, cargo ao que se presentou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xaquín Ramón Pérez Caamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Exerceu a docencia e publicou o libro de poemas Atruxos (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra enmárcase no informalismo e aproxímase moitas veces á realizada polos membros do grupo El Paso e á época nunista de Benjamín Palencia, pero os seus grandes referentes son os pintores que buscan as expresións máis puras da abstracción como Guinovart. A súa paleta caracterízase polo rico colorido. Participou, entre outras, nas mostras colectivas de Novos Valores da Bienal de Pontevedra e na de Unión Fenosa, ademais de realizar exposicións individuais. Da súa obra destaca a serie Capricho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e humorista gráfico. É un dos artistas máis representativos do cómic en Galicia, e principal impulsor, xunto con Reimundo Patiño, da banda deseñada galega. Promotor e director do Museo do Humor de Fene e director da revista Sapoconcho, desde a década de 1970 comprometeuse na defensa do uso da lingua galega no cómic e nos medios de comunicación. En 1975 editou con R. Patiño 2 Viaxes, o seu primeiro álbum. Tamén cómpre salientar outros traballos como Gaspariño (1978), Alcacén para gaitas (1980), Dos pés á testa (1986), O ABC do cómic (1995), Feito a man (1997) e Malfeito bufón (2003), ademais da súa colaboración en obras doutros autores.   Colaborador de numerosos medios de comunicación como Can sen dono, Chan, La Codorniz, Diario16, Golfiño, El Ideal Gallego, Das Kapital, Luzes de Galicia, A Nosa Terra, Teima e, desde 1988, en La Voz de Galicia, realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, en Madrid e Barcelona, e noutras cidades europeas como Lorient. Coa crise do Prestige,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Inicialmente a súa obra aproximouse a un certo expresionismo que recordaba as vangardas galegas da década de 1930. Vinculado aos movementos artísticos da década de 1980 en Vigo, destacou como paisaxista, aínda que nos seus cadros mostra un grande interese pola figura humana, nunha pintura de raizame antropocéntrico incluso en obras en que a abstracción e as influencias do cubismo e das vangardas internacionais de principios de século están presentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Da súa obra, de construción moi sinxela e ligada á literatura popular, destacan Ceibos. Versos galegos (1980), Xanela aberta (1981), Tempos idos (1983), Védelos aí van (1985), A rosa dos ventos (1989) e Compostela i as camelias (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Colaborador da revista Dorna, publicou Historias da cidade do deserto (1988) e Paradise lost (1996), así como diversos relatos curtos en obras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO