"Xeorxia" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Rei de Xeorxia (1089-1125), fillo de Xurxo II. Aproveitou a primeira cruzada e a decadencia turca para reconstruír cidades e repoboar extensas comarcas. Foi o primeiro dos soberanos de Xeorxia que tivo exército permanente. Conquistou Tbilisi (1121) e o seu reino estendíase dende o Mar Negro ata o Caspio e dende o Cáucaso ata Armenia, logo de ocupar a súa capital, Ani, en 1123. Fixo importantes reformas na xustiza, na Igrexa e no exército, e foi un gran protector das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio, filla do Rei Bagrat (ou Pancracio) IV e dunha princesa de Alania-Ossetia. Casou co Emperador Miguel VII Ducas (1065) e pasou a chamarse María. Despois da abdicación de Miguel VII, casou co Emperador Nicéforo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas do Océano Pacífico, situadas no arquipélago das Salomón, no NO de Guadalcanal (5.200 km2; 12.000 h [estim 1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado asiático, situado na parte occidental de Transcaucasia (69.492 km2; 4.918.000 h [estim 2001]). Limita ao N con Rusia, ao O co Mar Negro, ao S con Turquía e Armenia, e ao L con Acerbaixán. Forman parte dela as repúblicas autónomas de Abkharia, Adxaria e Ossetia Meridional. A súa capital é Tbilisi.
    Xeografía física
    A maior parte do territorio de Xeorxia é montañoso xa que comprende case que todo o Gran Cáucaso e a súa parte axial é a serra principal do Cáucaso, cos picos El’-brus (5.642 m) e Kazbek (5.047 m). Nos límites de Xeorxia aparecen os Alpes de Abkhazia, con formas de relevo alpino que acadan o seu cumio no Dombaj-Ul’gen (4.047 m). O Cáucaso central ten altitudes superiores aos 5.000 m e ao S aparece o sistema montañoso do Pequeno Cáucaso. Entre o Gran Cáucaso, a serra Surami e as montañas de Adxaria atópase a chaira da Cólquida, no curso inferior do río Rioni. Na parte montañosa, os invernos son relativamente temperados e os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do S do Océano Atlántico (3.755 km2; 4.144 km2 cos illotes adxacentes de Willis, Bird, Annenkov, Pickersgill e Clerke. Hai factorías baleeiras na costa, en Leith Harbour e Grytviken, caza de focas e algúns rabaños de renos. En 1985 converteuse nun territorio británico coas illas Sandwich do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección oriental do lago Huron, en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo do Océano Pacífico, en dirección NO-SL, que separa a illa de Vancouver da costa de Columbia Británica, en Canadá, e que se comunica co Pacífico polos estreitos de Queen Charlote ao NO e de Juan de Fucaao SL.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Georgia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Georgia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Xeorxia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Xeorxia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo xeorxiano.

      2. Individuo do pobo xeorxiano.

      3. Pobo caucásico que se estableceu na vertente meridional da serra do Cáucaso. Cunha lingua e tradición cultural propias, os xeorxianos constitúen, despois dos armenios, o pobo máis importante de Caucasia.

    1. Lingua kartveliana do phylum caucásico que se fala en Xeorxia. Presenta dúas etapas: o xeorxiano antigo ou clásico, e o xeorxiano moderno. Das súas características lingüísticas destacan: a declinación con oito casos (nominativo en dúas formas, predicativo, vocativo, xenitivo, instrumental, locativo-dativo e terminal), sitúa o núcleo despois dos elementos que dependen del, os morfemas verbais poden sinalar ata tres participantes (suxeito, complemento directo e complemento indirecto) e o acento recae na primeira sílaba.

    2. Alfabeto propio da lingua xeorxiana. Atribuíuselle a invención ao armenio Mesrob, creador tamén do alfabeto armenio (s V). A inscrición máis antiga data aproximadamente do ano 430. O alfabeto xeorxiano inspírase nunha antiga escritura iránica, a pahlavi arsácida, e consta de trinta e oito signos. Posúe dúas formas de escritura: a sacerdotal ()uc’uri) e a guerreira (m)edruli), que aparece entre os ss XII-XIV e que sobreviviu no uso normal da lingua.

    3. Arte desenvolvida en Xeorxia. Dos primeiros anos da era cristiá salientan os darbazi (casas cunha cúpula central, aberta ao centro) e a arquitectura relixiosa (basílica de Sión, en Bolnisi e as basílicas de Bolnisi, Kazret’i e Nekresi), que coa dominación árabe acadou un período de esplendor (s X). Predominou a construción rectangular con cúpula elevada, de cobertura cónica enriba dunha lanterna, que descansa sobre pilastras e forma unha cruz, co exterior moi esculpido. Das igrexas posteriores ao s X destacan a catedral de Oški (s X), a de Alaverdi (s XI), a de Sveti-c’)oveli en Mc’)et’a (s XII) ou a do mosteiro de Gelat’i (s XII). En escultura son salientables os baixorrelevos da cancela de Šiomgvime (s XI) e en toréutica, o tríptico de ḫa)uli (s XII). Os frescos revelan un estilo bizantino, pero menos estilizado. Da pintura moderna destaca Niko Pirosmanišvili (1862-1918).

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estilos arquitectónico e literario xeorxianos.

    2. Estilo propio da arquitectura e das artes decorativas de Inglaterra e das súas colonias durante os reinados dos monarcas británicos de nome Xurxo (1740-1820). Caracterizouse polos interiores simétricos, de cores claras e con ornamentación clásica, como consecuencia do palladianismo de I. Jones e C. Wren, polos edificios de azulexo vermello con decoración de madeira (casas residenciais de Williamsburg, Virginia, 1699-1780) e polo seu mobiliario, especialmente na obra de T. Chippendale.

    3. Tipo de poesía que se difundiu en Inglaterra na época de Xurxo V. En 1912 H. Monro abriu unha libraría especializada en poesía (Poetry Bookshop) e redactou a revista Poetry and Drama. Georgian Poetry (1911), a primeira dunha serie de cinco antoloxías. Caracterizábase por eliminar os convencionalismos e a limitación do argumento, expresar libremente os sentimentos, aceptar os impulsos da propia natureza e dar un sentido persoal ás cousas en todos os niveis intelectuais.

    VER O DETALLE DO TERMO