"Xermania" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Rei da Xermania e Rei de Romanos (1292-1298), da familia dos Nassau. Foi elixido nunha revolta dos electores contra os Habsburgo. Destronado en Maguncia, morreu loitando contra Alberte de Habsburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Novo (? - 918) Rei de Xermania (911-918) e duque de Franconia (906) e de Glismut, fillo de Conrado o Vello. Sucedeu a Luís III o Neno, derradeiro membro da liñaxe dos carolinxios xermánicos, como rei de Xermania. Enfrontouse ás invasións dos eslavos e dos maxiares, e loitou contra os duques de Baviera, Saxonia e Suabia. Fracasou no intento de recuperar Lorena, que pertencía a Carlos III de Francia e renunciou a instaurar a súa familia no trono, polo que designou sucesor a Enrique I o Paxareiro, duque de Saxonia.
-
PERSOEIRO
Rei de Xermania e dos romanos (1127-1135 e 1138-1152), fillo de Federico I, duque de Suabia e fundador da dinastía Hohenstaufen ou de Suabia. Nomeado duque de Franconia polo seu tío o Emperador Enrique V, opúxose ao Emperador Lotario III e foi coroado temporalmente rei dos romanos en Milán (1128). Reconciliado con Lotario III, sucedeuno como rei de Xermania, fronte ao poder do güelfo Enrique X o Soberbio, duque de Saxonia e Baviera. O enfrontamento entre ambos os dous provocou unha devastadora guerra civil que deu orixe ás loitas entre güelfos e xibelinos. Morreu despois de participar na Segunda Cruzada (1147-1149) sen conseguir dominar o feudalismo xermánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos romanos e de Xermania (1237-1254), rei de Sicilia (1251-1254) e duque de Suabia. Recibiu tamén o título nominal de rei de Xerusalén (1250-1254). Segundo fillo do Emperador Federico II, enfrontouse primeiro ao landgrave de Turinxia, elixido pola facción papal dos príncipes alemáns, e ao conde Guillerme de Holanda, que se sublevou contra Federico II despois de ser excomungado e deposto polo Papa Inocencio IV. Sucedeu a seu pai como rei de Sicilia e comezou unha campaña en Italia (1250) para consolidar o reino. Morreu despois da toma de Nápoles e os dereitos pasaron ao seu fillo Conrado V, chamado Conradino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos romanos e de Xermania (1198-1208), duque de Suabia (1196) e margrave e vicario imperial de Toscana (1195), cuarto fillo do Emperador Federico I Barbarrubia. Bispo de Würzburg (1190?), abandonou o sacerdocio e casou con Irene, filla do emperador bizantino Isaac Ánxelo. Coroado rei polos xibelinos (1198), enfrontouse ao rei coroado polo güelfos, Odón IV de Brunswick. En 1201 foi excomungado polo Papa Inocencio III, que recoñeceu a Odón, pero trala vitoria na guerra viuse obrigado a aceptalo. Foi asasinado na vixilia antes de ser coroado emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que os romanos deron á gran chaira de Europa Central desde o Rin ata o Vístula, ocupada por pobos de orixe indoeuropea. As tentativas de conquista fracasaron e as dificultades da zona impediron unha gran colonización e explotación que se limitou á rexión do Rin (Renania), organizada administrativamente no s I ao dividila nas provincias de Xemania Inferior e Xermania Superior. Os emperadores flavios e antoninos fortificaron o limes e, sen o perigo das invasións, foi romanizada. Destacaron as cidades da Augusta Treverorum (Tréveris), Colonia Agrippina (Colonia) e Novaesium (Neuss).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Imperio Romano creada en 17 d C por Tiberio. Comprendía o territorio que ía entre a beira esquerda do baixo Rin, ao N da Xermania Superior, e a provincia de Bélxica. A capital era Colonia Agrippina (Colonia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Imperio Romano creada en 17 d C por Tiberi. Comprendía o territorio que ía entre a provincia de Bélxica, o Rin ata Rigomagus, a Retia, o lago Lemanus e a provincia Lugdunensis. A capital era Mogontiacum (Maguncia).
-
REINOS
Estado xurdido do Imperio Carolinxio polo Tratado de Verdún de 843. Comprendía Saxonia, Turinxia, Franconia, Alemaña, Baviera e as marcas orientais. O seu primeiro rei foi Luís o Xermánico. Desapareceu no s XV.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento que estalou na Coroa de Aragón, nos reinos de València e Mallorca, entre 1519 e 1523, como un intento, fracasado, da burguesía de tomar o poder. Inicialmente eran milicias armadas integradas polos gremios e autorizadas en 1502 para facer fronte aos berberiscos. De carácter netamente urbano e moderado, a revolta radicalizouse e pasou ao campo. A nobreza valenciana, que viu ameazado o seu poder, conseguiu de Carlos I o seu desarmamento. A revolta coincidiu coas Comunidades de Castela. Os seus membros foron derrotados e os líderes axustizados.
-
-
Relativo ou pertencente ás xunxermaniais.
-
Hepática da orde dos xunxermaniais.
-
Orde de hepáticas foliosas que no talo ten dúas fileiras laterais de filidios e uns gromos en que van os órganos sexuais.
-